Os Lagos de Lousada son o segundo Espazo privado de interese natural de Galicia

O lugar de Xermade alberga importantes poboacións de insectos e de anfibios

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Fotografía do Facebook dos Lagos de Lousada

Fotografía do Facebook dos Lagos de Lousada

O DOG de onte publicaba a declaración dos Lagos de Lousada, no concello de Xermade, como Espazo privado de interese natural, así como o decreto polo que se aproba o seu Plan de Conservación. O lugar, un humidal resultado de antigos traballos mineiros, é a segunda área protexida deste tipo que se declara no noso país logo das Sobreiras do Faro, en Oia.

A zona, dunhas 40 hectáreas de extensión, concentra diferentes especies animais e vexetais entre as que destacan queirogais, morcegos, importantes poboacións de insectos e anfibios así como aves. Os propietarios do terreo, que barallan desenvolver un proxecto de turismo sustentable na zona, deberán agora adoptar medidas de protección, en particular eliminar especies invasoras e eucaliptos. Con estes fins poderán optar a liñas de axudas para a xestión de espazos protexidos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Turismo

Claves

Conceptos
Lugares