Abren as Sobreiras do Faro, primeiro Espazo Privado de Interese Natural

O espazo conta con visitas guiadas, miradores e mostras de patrimonio etnográfico e histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O primeiro espazo Espazo Privado de Interese Natural de Galicia, as Sobreiras do Faro, en Oia, abriu esta fin de semana as súas portas. A zona protexida de nove hectáreas foi acondicionada pola comundiadede montes da zona, considerada o bosque mediterráneo máis occidental de Europa. Os comuneiros acondicionaron o espazo con cartelería específica, así como cun servizo de visitas guiadas. Para alén, os visitantes poderán disfrutar de tres miradores con vistas ao Atlántico, así como dos restos de petróglifos que se atopan na zona. Canda a isto, tamén se poden contemplar elementos etnográficos e coñecer lendas vencelladas á zona.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Mediterráneo, Atlántico, Europa