A Xunta recoñece as Sobreiras do Faro como Espazo Privado de Interese Natural

Esta zona de Oia é a primeira que obtén esta declaración en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

As Sobreiras do Faro de Viladesuso, propiedade da mancomunidade de montes desta parroquia de Oia, son o primeiro Espazo Privado de Interese Natural que existe en Galicia. A Consellaría de Medio Ambiente acaba de lle conceder este título a unha área de 6,78 hectáras situadas nos montes de Faro e Pousiño, cuberta maioritariamente con sobreiras e carballos. A mancomunidade desenvolveu traballos de limpeza e coidado do contorno e elaborou un plan de conservación. Agora pretende desensvolver na área unha explotación ecolóxica amparada na marca Sobreiras do Faro e abrir varias rutas de senderismo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Consellaría de Medio Ambiente

Claves

Lugares