Os penedos de Traba xa son Paisaxe Protexida

É a segunda área que conta con este recoñecemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A "singularidade natural, estética e o valor científico" dos penedos de Traba valéronlle, segundo a Xunta, a declaración deste espazo coma Paisaxe Protexida. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá a medida, que implicará iniciativas de protección e de difusión da zona. Esta área de 212 hectáreas, que se estende entre Laxe e Vimianzo, comprende unha serie de formacións graníticas singulares. Ademais do valor paisaxístico, a declaración incide no valor científico destes penedos, xa que permiten coñecer a evolución deste espazo. Esta é a segunda declaración de Paisaxe Protexida que fai a Xunta, despois da protección do val do río Navea en novembro deste mesmo ano.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Vimianzo

Claves

Conceptos
Lugares