Quince anos despois da súa declaración como primeira paisaxe protexida do noso paÃs, os Penedos de Pasarela e Traba contan desde este 13 de novembro co seu propio plan de xestión. Esta ferramenta, pioneira a nivel galego, define os usos e as medidas de protección que se deben aplicar a este conxunto de elevacións granÃticas que se sitúa entre os concellos de Vimianzo e Laxe. A Xunta destina 600.000 euros para aplicar as accións que se recollen neste texto.
Entre as iniciativas que se van pór en marcha nun primeiro momento está a substitución de plantacións de eucaliptos e piñeiros por vexetación autóctona, a eliminación de especies invasoras ou o estudo arqueolóxico da zona. Ademais realizarase o inventariado da toponimia e as lendas vencelladas ao lugar canda a accións de limpeza e conservación dos camiños existentes, a incluÃr melloras na sinalización.
De xeito paralelo a estas propostas, está prevista a organización de xornadas de sensibilización sobre este espazo para a poboación local, o desenvolvemento de estudos sobre os efectos do cambio climático na paisaxe, visitas guiadas da man de especialistas en xeoloxÃa e a elaboración de material divulgativo sobre este conxunto pétreo.
O plan define as diferentes formacións xeolóxicas que compoñen esta paisaxe, a flora e fauna presente no espazo e mesmo o medio social da zona. Tamén recolle a toponimia presente na área e mais a colección de nomes con que se coñecen as singulares formacións rochosas.
Entre as medidas de protección, establécese a necesidade de solicitar permisos para determinadas actividades na contorna, como as explotacións madeireiras ou a instalación de colmeas, entre outros. ProhÃbense ademais construcións como invernadoiros ou antenas de telefonÃa ou a apertura de pistas.