Este 2024 está a ser un ano fecundo a nivel de publicacións para coñecer mellor o Entroido tradicional galego. Desde diferentes ángulos, tres novas obras afondan nos personaxes, ritos e historia desta festa. AsÃ, da man da empresa Ab Origine, o antropólogo Rafa QuintÃa acaba de presentar o volume Descifrando o Entroido, que se presenta como "Manual básico para entender o Entroido galego".
O volume, que xa se pode adquirir na páxina da editora e en diferentes librarÃas, percorre a través das súas 90 páxinas "a estrutura do Entroido, as súas funcións, os seus elementos constituÃntes e os seus posibles significados". Ademais, propón explicacións para os ritos máis salientables desta festa e achega "a descrición das funcións e dos significados simbólicos dos principais oficiantes responsables da execución do Entroido en Galicia", unha proposta de interpretación global para a que o autor define como "a festa ritual máis significativa, complexa e rica do ciclo festivo ritual galego".
Desde esta mesma editora está tamén dispoñible O animalario do Entroido. Mito e tradición. Nesta obra Carlos Xavier Ares Pérez desenvolve unha investigación etnográfica a analizar "a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas". O aspecto, simboloxÃas, lendas e referencias históricas e mitolóxicas sobre estas figuras festivas repasan o papel de "vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moitos" que están presentes nestas celebracións. A coincidir con estas festas, o autor participa nun faladoiro sobre este traballo na canle de Twitch Orgullo Galego este 7 de febreiro ás 21 horas.
Pola súa banda, a Asociación Etnográfica A Merdeira acaba de tirar do prelo O Merdeiro. Personaxe da Ribeira. Neste traballo de investigación Hadrián Román Carreiro e Adriana del Rio Miranda repasan a historia do Entroido na cidade de Vigo e analizan a figura do Merdeiro, a indagar na súa orixe histórica nas relacións entre mariñeiros e labregos, na súa evolución e represión e no proceso de revitalización que está vivir nos últimos anos. A obra conta con 140 páxinas e achega unha importante selección de ilustracións e fotografÃas.