Unha nova publicación explora a diversidade e simbolismo do Entroido

Pódense descargar de balde do web do AELG

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

A Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) puxo na rede as actas da XV Xornada de Literatura de Tradicion Oral, baixo o título de "Entroido: transgresión e tradición". O volume reúne as intervencións de Filipe-Senén López Gómez, sobre a diversidade dos entroidos galegos e as pervivencias e evolucións dos seus ritos. Julio I González Montañés explora o teatro de entroido en Galicia e Nieves Amado Rolán detense nos entroidos históricos da bacía do Támega. Mercedes Vázquez Saavedra tamén explora a variedade das máscaras galegas. O libro pódese descargar de balde desde o web do AELG

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Mercedes Vázquez Saavedra, Escritores, Literatura...