A AELG publica as Actas da XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral

O volume en liña recolle as intervencións arredor de Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral

6/4/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturapatrimonio
41 lecturas | Compartido 0 veces

Xa están dispoñibles na rede as actas coas intervencións que se desenvolveron no marco da XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral que celebrou a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega o pasado 30 de outubro. O encontro, que se desenvolveu no da Deputación Provincial de Lugo co título O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral, contou con intervencións de Ana Carreira, Federico Martín Nebras, Lidia Mariño, Antonio Reigosa e Benxa Otero.

Segundo sinala a introdución ao volume escrita por Antonio Reigosa e Lois Pérez, coordinadores do evento, "o medo é unha emoción primaria, básica e universal asociada á curiosidade de saber, de coñecer os límites, pero tamén serviu como ferramenta de control dos individuos e da sociedade no seu conxunto desde sempre. Hai moitos tipos de medo e o saber que emana da tradición ofrécenos recursos para recoñecelos e intentar combatelos".

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Antonio Reigosa, Ana Carreira...