A AELG pon na rede as actas das XVI Xornadas de Literatura de Tradición Oral

Os textos abordan cuestións como a creación musical, a nova verbena ou as relacións entre tradición e innovación sonora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A AELG pon na rede as actas das XVI Xornadas de Literatura de Tradición Oral

A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega ten xa dispoñible no seu web as actas das XVI Xornadas de Literatura de Tradición Oral.

O volume recolle en 47 páxinas as conferencias e mesas redondas que se realizaron encontro que se desenvolveu o pasado mes de outubro en Lugo baixo o lema Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción.

María Xosé Silvar "Sés", O Leo de Matamá, Marta Veiga Izaguirre, Nuno Pico e Alba María asinan as comunicacións do encontro, que tratan cuestións que van desde a creación sonora ata a nova verbena ou as relacións entre regueifa e rap.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Lingua galega, Alba María...