A XIII Xornada de Literatura de Tradición Oral, que organiza a sección homónima da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AEL), co apoio da Deputación de Lugo, puxeron en libre descarga as actas do encontro. Velaà están as conferencias "Humor salgado" de Suso Lista, "A ágora da taberna" de Quico Cadaval, a conferencia "Rir do mundo, comezando por nós. Algúns mecanismos do humor nos contos tradicionais", de Paula Carballeira e a conferencia "Humor e lingua" de Xosé Lois González "O Carrabouxo", rematada coa sesión práctica "Contaba morrer", de Lois Pérez. As actas inclúen as transcricións dos debates e mesas redondas.