O gran historiador do mundo xudea historia xudea Cecil Roth afirmou da Biblia Kennicott que era "un dos mellores manuscritos hebreos que se conservan". E agora volverá a Galicia, de onde tivo que partir hai cincocentos anos cos seus propietarios xudeus camiño do desterro imposto polos Reis Católicos á comunidade hebrea. A Xunta anunciou esta mañá o acordo coas Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford (Reino Unido) para o préstamo da famosa Biblia Kennicott para a exposición "Galicia, un relato do mundo", que se inaugurará no Museo Gaiás da Cidade da Cultura o 14 de novembro. Será a primeira vez que a Biblia volva a Galicia despois da súa partida en 1492 ou inicios de 1493.
A Biblia Kennicott foi rematada na Coruña o 24 de xullo do 1476. Encargouna don Isaac, o fillo do mercader don Salomón de Braga e foi realizada por unha parella de mestres na súa arte: o escribán Moisés Ibn Zabarah e o ilustrador Joseph ibn Hayyim, quen traballaron man a man para producir unha Biblia de máis de novecentas páxinas das cales máis de douscentas están fermosamente ilustradas. A arte gráfica da Kennicott é un gran expoñente do diálogo cultural do seu tempo. Sobre os motivos hebreos tradicionais nestas biblias sefardíes, Joseph ibn Hayyim mesturou tradicións gráficas musulmás e cristiás, creando unha síntese única. A Biblia marchou de Galicia posiblemente coincidindo coa expulsión dos xudeus por parte dos Reis Católicos, en 1492 ou a principios de 1493, e tivo unha vida azarosa entre Portugal e Norte de África ata que foi adquirida en 1771 pola biblioteca Radcliffe de Oxford, a partir da iniciativa do coengo Benjamin Kennicott. O comisario da exposición "Galicia, un relato no mundo" sinalou que a biblia é unha testemuña "única e excepcional" da presenza xudea en Galicia.