Os novos investimentos orientados á construción do Edificio Fontán volven a situar á Cidade da Cultura como un dos principais destinatarios de fondos no campo cultural dentro do proxecto de orzamentos da Xunta para 2019. O complexo xestionará case tres millóns máis, aínda que o crecemento non se carga totalmente aos fondos de Cultura. Canda a isto, semella que a Axencia Galega das Industrias Culturais enfrontará novos proxectos sen un incremento económico destacado, mentres as transferencias que realiza a Consellaría a outras entidades mantéñense en xeral nos mesmos termos.
Agadic: Facer máis cos mesmos fondos
O leve incremento (0,6%) que obtén a Axencia Galega das Industrias Culturais no proxecto de orzamentos para o vindeiro ano, uns 68.000 euros máis en transferencias correntes, fica absorbido, segundo sinalan as contas, polo incremento en gastos de persoal. Deste xeito, non é de agardar que a Agadic conte con moitos máis fondos para desenvolver a súa acción no período que vén, no que sumará un total de 11.721.000 euros. Por partidas, a Axencia contará cinco millóns de medio de euros para "Axudas á produción artística", 298.000 euros para "Tranferencias correntes a corporacións locais", 550.000 para empresas privadas, dúas partidas en "Axudas en materia de cultura", (85.000 e 185.000 euros) e 150.000 para "Investimentos de carácter inmaterial", cifras todas elas que repiten as previstas para 2018. No detalle de propostas que explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ante o Parlamento, entre as principais novidades da axencia destaca o apoio a unha produción audiovisual sobre o Camiño de Santiago. Adiantou tamén un incremento do 15% das axudas a proxectos escénicos, máis apoios ao sector audiovisual, que contarán con 300.000 euros, e a orientación doutros 500.000 a festivais musicais. Nese sentido, Rodríguez asegurou que "volverá medrar a dotación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e a da nova Rede Galega de Música ao Vivo, e incrementarase o apoio aos principais festivais musicais". Canda a isto, é de destacar que iniciativas anunciadas polo propio Román Rodríguez como liñas estratéxicas do seu departamento como son a creación da Galicia Film Office para impulsar as rodaxes en Galicia ou ao desenvolvemento "dun gran espectáculo de danza que xire por Galicia e polo exterior" non contan con reflexo claro nas contas deste departamento. Tampouco hai incrementos nas partidas que poidan soster desde a Agadic as prometidas "axudas para o fomento do talento no eido musical", unha proposta que xa estaba presente na memoria dos orzamentos para 2018. Deste xeito, semella que a Axencia pretende atender novas frontes sen contar con moitos máis recursos. Haberá que ver en que xeito se traduce isto á hora de executar as propostas de gasto.
As novas obras engordan os fondos para o Gaiás
No caso da Cidade da Cultura Cidade da Cultura, as achegas desde os programas vencellados á cultura mantéñense igual, con 5,4 millóns de euros en transferencias correntes que se suman aos 3,6 millóns de transferencias de capital. No entanto, e fóra dos orzamentos da Consellaría, engádense a estes como novidade 2,5 millóns desde a Secretaría Xeral de Universidades. A sumar outros 2.723.394 que a Fundación prevé de "Vendas e outros ingresos de explotación" (cunha achega de 800.000 euros do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), en total o Gaiás contará nesta xeira con algo máis de 14 millóns de euros, tres máis dos contados o pasado ano. O reto da posta en marcha do novo edificio Fontán, que Román Rodríguez sinalou como o "punto final do proxecto arquitectónico" do complexo, o remate do "adecentamento do oco deixado pola paralización do Edificio Teatro da Música", a conexión coa AP-9 e as obras de urbanización na parte sur do recinto aparecen como as grandes cuestións pendentes para o vindeiro ano en canto a infraestruturas. A nivel de programa a memoria que fai parte dos orzamentos adianta a consolidación do modelo expositivo "exhibindo simultaneamente distintas mostras nas tres salas interiores". Historia do fútbol en Galicia, Artesanía de Galicia, Galicia no mundo, canda a outra dedicada ao coleccionismo da Fundación RAC comporán este programa. Unha ampliación das intervencións nas Torres Hejduk, que chegarán a ser tres, súmase a novas iniciativas como O Bosque de Bastóns de peregrinos. A desaparición do ciclo Nexos, que cede espazo ao Asaltos! e mais o anuncio dun "evento arredor da promoción dos novos creadores (artes visuais, escénico musicais, audiovisuais, etc.)" son as principais novidades na programación do complexo.
Incremento da capacidade de acción do CGAC
Non hai tampouco grandes novidades no que se refire ao orzamento do CGAC, se ben a partida dedicada a "Actuacións e programación cultural do centro" (anteriormente "Funcionamento do CGAC"), sofre un ascenso de 100.000 euros e chega a 860.000, co que se encadean dous anos de recuperación neste apartado logo doutros dous consecutivos de recortes. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez destacou ante o Parlamento estre crecemento, a apuntar que o centro incrementa a súa capacidade neste campo nun 13%. No resto, tanto os fondos para maquinaria, mobiliario, "difusión e publicacións culturais" (56.000 euros) e "Publicacións" (3.414) ou adquisición de obras (100.000) fican igual. Mesmo os 50.000 euros anuais para reparacións no edificio continúan sen novidade, ao igual que nos últimos anos.
Continuidade no consorcio, na RAG e nos museos
O Consorcio de Santiago repite os 2.684.413 que lle transfire a Xunta, polo que semella que este organismo non se beneficia dos investimentos orientados ao Xacobeo. Do mesmo xeito, a Real Academia Galega mantén a xa habitual achega de 520.000 euros anuais a cargo dos orzamentos de Cultura. Tamén fica coa mesma contía o Museo do Mar, que contará de novo con 831.828 euros. O MARCO, malia as mudanzas estruturais que sufriu no último ano continúa coa súa achega de 100.000 euros. O mesmo acontece coa Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (de novo con 40.000) e co Real Padroado de Sargadelos (35.000). Sobe, no entanto, o apoio a Fundación Camilo José Cela, que suma 20.000 e acada os 277.294 euros achegados por Cultura. Isto sumado a outros fondos, deixa a entidade con 290.000 euros para as súas actividades do vindeiro ano. Ve tamén un incremento nos fondos que lle achega a Consellaría de Cultura o Museo do Pobo Galego. 30.000 euros máis súmanse á partida de Tranferencias Correntes para o centro, mentres fican coa mesma contía os 96.000 de transferencias de capital. Cómpre lembrar que xa para este 2018 se anunciara a posta en marcha dos traballos para abrir novas salas neste espazo, con vistas a completar o proxecto en 2020.
Concellos
Nas transferencias a concellos mantense a importante partida de Actividades de Promoción e Difusión Cultural dotada con 2.753.499 euros. Canda a isto, as corporacións locais verán incrementadas as transferencias no que se refire ao traballo en arquivos (contarán con 100.000 euros, 29.000 máis que no pasado ano), dinamización bibliotecaria (198.000, o que supón 3.000 máis), e patrimonio cultural (100.000 euros fronte a 90.000 en 2018). A maiores, destaca o anunciado novo programa para bibliotecas itinerantes, que achegará 110.000 euros máis aos gobernos locais que participen do mesmo. Mantéñense contías como os 350.000 euros para investimentos locais en bibliotecas, os 205.000 de convenios en materia de cultura e os 245.000 euros de transferencias correntes a gobernos locais da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Diminúen no entanto en case 10.000 euros os fondos cos que a Consellaría apoia as actividades culturais locais. Nese sentido, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez anunciou no Parlamento un incremento do "programa de colaboración cos concellos en materia de equipamento e de actividades culturais, con 3 millóns de euros", unha suma que se acada e se supera coa suma de partidas aínda que como vemos as únicas que medran céntranse na dinamización lectora.
Organizacións non lucrativas
Continúan tamén as axudas destinadas a institucións sen fins de lucro en materia cultural, unha partida que continúa a concentrar 420.000 euros do programa de Fomento das Actividades Culturais e na que o ano pasado parecía incorporarse ao groso do apoio ás Feiras do Libro Galicia. Os fondos para bolsas en bibliotecas e arquivos para organizacións non lucrativas, que suman 324.346 euros concentran grande parte dos apoios ao terceiro sector, e as de Formación en Materia de Patrimonio Moble Galego con 46.000 euros manteñen as súas contías, mentres as de materia de arquivos, dotadas con 35.000 euros, soben 10.000. Tamén os convenios con organizacións non lucrativas en materia de patrimonio cultural manteñen os 133.334 euros do pasado ano, o mesmo que as destinadas a intervencións arqueolóxicas (25.000) e a protección e conservación do patrimonio (50.000). Desde política lingüística prevese unha achega de 39.507 euros a estas entidades, igual á prevista anteriormente. Fronte a isto, hai un recorte de 32.000 euros no apoio directo a "actividades de asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro", unha liña que fica con 361.455 euros logo dun importante incremento de 85.000 euros no anterior exercicio. Fican coas mesmas contías as axudas a institucións culturais (60.100) e o apoio ao traballo co patrimonio deste tipo de entidades, con 50.000 euros en axudas para a conservación e protección do patrimonio cultural e outros 25.000 para intervencións arqueolóxicas.
Consello da Cultura Galega
Fóra dos orzamentos específicos da Consellaría, un novo incremento no orzamento do Consello da Cultura Galega leva a institución a contar para 2019 con 2.679.233 euros, 132.000 máis que no pasado ano. Logo do recorte de 2018, a partida para estudos e traballos técnicos con cargo a empresas externas absorbe case 4.000 euros deste incremento, mentres o apartado de conferencias e cursos chega aos 200.000 ao medrar 2.500 euros. No entanto, o groso da medra vai para o apartado de Retribucións de Altos Cargos Delegados, que suma 69.373 euros. Como obxectivos, e tal e como anunciou no Parlamento Rosario Álvarez, presidenta da entidade, procurar unha maior renovación nos formatos e unha maior transversalidade para chegar a novos públicos. Recuperar a figura de Antón Fraguas, a creación do Álbum de Galicia e preparar as homenaxes de cara ao centenario da xeración Nós, o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal e do 800 aniversario do nacemento de Afonso X, o Sabio son outras propostas do Consello para 2019.