Por vez primeira integrada con Turismo desde que comezou a actual rolda de mandatos do PP na Xunta, a ConsellarÃa de Cultura enfronta 2019 cun destacado incremento de fondos. A proximidade do Xacobeo, no entanto, fai que a maior parte deste crecemento vaia para a Axencia de Turismo de Galicia, departamento que obtén o maior apoio cun 10,4% máis cartos.
A nova configuración da ConsellarÃa de Cultura, que perde o grande peso de Educación e suma Turismo ás súas competencias, déixase sentir no reparto de fondos nos diferentes apartados. AsÃ, o crecemento económico total do departamento, que se cifra un 6,3 por cento e deixa un orzamento conxunto de 144.403.000 euros, fica maiormente concentrado na nova incorporación. A Axencia de Turismo de Galicia ve incrementados os seus fondos nun 10,4% (case 6 millóns de euros) e concentra 64.184.000 euros do total.
Menos crecemento
Tiradas as partidas de Turismo, en total fican para os distintos programas de cultura 80.219.000 euros, uns 2,5 millóns de euros máis do que no pasado exercicio. O incremento é a metade dos 5 millóns que medraron estes apartados en 2018, é dicir, a recuperación dos investimentos en cultura ralentÃzase. A Dirección Xeral de PolÃticas Culturais (antes SecretarÃa Xeral de Cultura) con 33.186.000 euros e un crecemento do 3,4%, é dos poucos departamentos que ve un incremento superior ao de 2018, cando só medrara o 2,3%. No caso da de Patrimonio Cultural os 18.945.000 euros cos que conta supoñen un 5,7% máis do que no último ano, pero de novo un crecemento significativamente menor do 14,6% que viu entón.
De xeito similar, a Axencia Galega das Industrias Culturais contará con 11.721.000 euros (0,6% máis que en 2018), unha mellora que fica lonxe do millón de euros que sumara nas anteriores contas e que frea a expansión deste organismo. A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica suma un 2,9% aos seus orzamentos e fica con 8.079.000 euros, mentres o ano pasado incrementara os seus fondos 10,5%. A SecretarÃa Xeral Técnica, con 8.288.000 millóns de euros, un 1 por cento a maiores nas súas contas, e que recupera parte da súa capacidade de gasto logo do recorte do 7% nos últimos orzamentos, completa as partidas da ConsellarÃa. Segundo asegurou o conselleiro Román RodrÃguez ante o Parlamento, o seu departamento é o segundo cun maior crecemento nas contas da Xunta deste ano, o que, á luz dos números, revélase como unha aposta clara polo Turismo por parte do goberno. Canda a este, o reparto indica de novo a importancia do patrimonio para a polÃtica cultural da Xunta.
Incremento por baixo da media
No entanto, tal e como denunciaron as voceiras da oposición na presentación de contas por parte do Conselleiro, o incremento dos fondos para Cultura é significativamente menor do que a media das contas da Xunta. AsÃ, MarÃa Concepción Burgo apuntaba desde o grupo parlamentar do PSdeG que o incremento conxunto é dun 7,8% a respecto de 2018 mentres as partidas estritamente culturais unicamente medran un 4,8%. Desde o BNG, Olalla Rodil destacou que continúan sen se recuperar as cifras para cultura a respecto de 2012, con case 10 millóns de euros menos do que entón e unha suma aproximada de 72 millóns (tirados os fondos da SecretarÃa Xeral Técnica). Ao tempo, apuntou que estes investimentos só supoñen, ao igual que en 2018, o 0,6 por cento dos fondos que manexa a Xunta para o ano.
Fomento de actividades culturais
Posiblemente influenciado polo Xacobeo, o programa de "Fomento das actividades culturais" volve medrar e chega aos 30.237.000 euros, uns 660.000 euros máis que no pasado exercicio. Do incremento vense beneficiadas especialmente o capÃtulo de investimentos, con 3.824.000 euros (207.000 máis) e as transferencias de capital, que contarán con 13.541.000 (330.000 a maiores). Dentro do mesmo, a partida de Actividades de Promoción e Difusión Cultural é a que conta con máis fondos e cun maior incremento das orientadas a investimentos. AsÃ, concentra 617.570 euros e suma exactamente 100.000 euros a respecto deste ano, cando xa tivera un incremento de máis de 250.000. Tamén medran, de xeito máis moderado, os fondos para Exposicións e Artes plásticas, que acaban os 197.740 euros fronte os 190.000 do pasado ano. Cabe destacar que no perÃodo anterior esta partida duplicara os seus fondos. O grande crecemento neste sentido está no apartado "Actividades Difusoras de Promoción", adscrito á SecretarÃa Xeral Técnica de Cultura que chega a 335.892 euros fronte aos só 130.207 do ano en curso. Nese sentido, Román RodrÃguez adiantou ante o Parlamento que "aumentará o importe do programa de accións de promoción cultural en preto do 20%" e que esta partida apoiará de xeito transversal "a promoción de todos os departamentos" da ConsellarÃa.
Investimentos
Se ben, ao igual que no ano pasado, as partidas dedicadas a cubrir salarios e gastos absorben parte dos anunciados incrementos nas contas para Cultura, polo xeral esta medra rolda o 2,2% agás en Turismo, onde o reforzo nesta área chega ao 4,2% máis. Fronte a isto, vense incrementos tanto en investimentos reais como en transferencias de capital en todos os programas, o que supón unha maior capacidade de gasto. Asà a Dirección Xeral de PolÃticas Culturais contará cun 8,1 e un 5,8% de incremento en cada un destes apartados, e a de Patrimonio Cultural cun 8,6 e un 15,6% máis, mentres a de PolÃtica LingüÃstica só medra un 6,2% en Investimentos. No entanto, cabe moderar esta expansión ao ter en conta a baixada nos Investimentos da SecretarÃa Xeral Técnica, que perden un 36% e fican en 356.000 euros, un descenso que semella derivar da desaparición da partida de 416.894 euros que en 2018 se orientaba a "Investimento de reposición" para edificios e outras construcións.
Continuidade
De xeito xeral, desde a oposición lamentouse a nova perda nos fondos dedicados a apoiar a industria editorial e denunciouse a falta de propostas nas contas. Deste xeito, Rodil apuntou que á luz destas contas a consellarÃa aparece "movida pola inercia" e en "piloto automático" mentres que para Concepción Burgo os orzamentos presentan "as mesmas eivas de todos os anos, as mesmas polÃticas e as mesmas partidas" para unha proposta que "non mudou en absoluto". E é que, á luz dos números non cabe agardar grandes novidades nas propostas desde cultura. A moderación do crecemento nos números apunta a que, polo momento, o efecto do Xacobeo de 2021 vai ser moito máis acusado nas iniciativas vencelladas ao Turismo do que naquelas vencelladas directamente ao ámbito cultural. Dentro destas, semella que na aposta da Xunta segue a ser o patrimonio un eixe fundamental nas polÃticas neste sentido.