Hai moitos detalles que fan de Resurrection Fest un festival pintoresco. Este ano, ao achegarse calquera que pasease pola TravesÃa da Mariña ao centro da vila, a música que escoitaba era merengue, cumbia e bachata. Ritmos moi do gusto dos afeccionados ás verbenas que son tan populares nos veráns galegos. E é que o festival é algo tan normalizado en Viveiro que ademais da convivencia dos veciños con rapaces coa cara pintada, tatuaxes tétricas, cadeas e cadeados colgando do pescozo e peiteados extravagantes, como se fose parte da paisaxe máis cotiá dunha vila galega de 15.000 habitantes, o verán transcorre tamén cunha verbena popular, por moito Resu que se celebre.
Un pouco máis adiante, conforme se segue camiñando cara ao recinto do festival, podemos ver a unha polbeira, tamén como en calquera outra vila por estas datas, pero chama a atención que vaia vestida, en vez do mandilón tÃpico, cunha camiseta negra doutro coñecido festival alternativo, o Arrastro Rock Fest de Redondela. Cando lle preguntamos que tal se vende o polbo entre os metaleiros, cóntanos que moi ben, que xa se habituou a falar en inglés coas bandas e asistentes dalgún dos 42 paÃses representados neste curruncho da Mariña Lucense.
Seguindo a pelerinaxe ata Celeiro, pódense ver familias camiñando polo paseo marÃtimo mesturados cos asistentes ao festival. Podemos contrastalos polas diferenzas nas vestimentas: as familias que non asisten levan cores vivas propias da roupa de verán, as que van ao festival visten maioritariamente de negro. Mesmo para un experto nos diferentes estilos de rock que se dan cita no festival é difÃcil recoñecer todos os grupos cuxos logos aparecen estampados nas camisolas. Os cincuentóns e os pais que as levan semella que xa só as poñen en ocasións especiais coma esta. E é que algunhas das bandas que tocan no Resurrection Fest de Viveiro fundáronse hai máis de corenta anos.
Entre os que paseaban en grandes grupos cara ao porto, pódese distinguir unha ringleira de Resukids. Un servizo de garderÃa que ofrece o festival, formado principalmente por empregados locais. Os nenos levan proteccións auditivas para que poidan subir ao escenario e seguir de preto os concertos sen que se lles produza ningunha lesión. A Johan, un home danés duns 45 anos, isto traÃalle lembranzas dos nenos en concertos do norte de Europa hai 20 anos, cando por alá empezaba a ser normal levar os fillos a festivais como este.
As formas de chegar a Viveiro para a ocasión son diversas. A propia organización referiuse en moitas ocasións ás dificultades loxÃsticas de celebrar un evento de tal magnitude nun lugar que queda bastante afastado de aeroportos internacionais. En calquera caso, parece que queda claro que non resulta limitante para os máis de 80.000 asistentes deste ano. Nas explanadas habilitadas para o cámping, nos hoteis, pensións e pisos turÃsticos, mesmo no glamping, unhas tendas de campaña de luxo que ofrecen os responsables do Resu dende hai tres anos, atopamos persoas que se achegaron de todas as maneiras imaxinables: coches, caravanas, motos, bicicletas, a pé, autobuses. A pouco que se pregunte, atópanse toda clase de aventuras dignas de escribirse. Unha das que chama a atención é a dunha parella de mediana idade que foi no seu barco veleiro. Para eles parece ser que é o máis cómodo, xa que poden atracar no porto deportivo, que queda a só uns metros do recinto do festival, cociñar o que lles apeteza e descansar comodamente no seus camarotes cando rematan os concertos do dÃa.
Organización exemplar
Dentro do recinto atopamos a mesma organización exquisita de todos os anos. Os postos de produtos de mercadotecnia, discos e parafernalia son cada ano máis variados. Xa só a feira de produtos relacionados cos estilos de música que se poden escoitar estes dÃas de verán en Celeiro fai que mereza a pena a asistencia. Malia a que hoxe en dÃa adoitase a mercar este tipo de artigos especializados por Internet, a ocasión de poder tocar coas mans os discos de vinilo ou probar unha camiseta á que se lle botou o ollo hai moitos anos son grandes praceres para os "friquis" do metal. Seguridade, orde e boa actitude xeral contrasta co aspecto tenebroso dos fans de KISS, que se maquillan como eles, a maiorÃa imitando a Gene Simmons, ou mellor dito o seu alter ego, o demo. Claro que esa estética, que debeu resultar chocante ao principio da década dos 70, agora produce sensacións case entrañables. Pálpase no ambiente nostalxia e excitación cando están a punto de tocar os cabezas de cartel de 2018. Poucos minutos antes de que saian os artistas, soa pola megafonÃa o Rock and Roll de Led Zeppelin e pódese sentir como este xénero de música se converteu en algo universal, con rapaces novos nacidos moito despois de que se creasen as grandes bandas que veñen a este festival movendo a cabeza ao mesmo ritmo que os fans que xa están gozando das bondades da xubilación.
O concerto de KISS é o paroxismo da teatralidade que hai ao redor de todos estes estilos musicais. A idade dos seus fundadores está arredor dos 70 anos, pero iso non impide que transmitan unha enerxÃa contaxiosa ao longo da súa mascarada. Paul Stanley é un "showman" que tanto fai un solo de guitarra como sacude o rabo do seu disfrace ou cólgase dunha corda que o despraza centos de metros sobre un público entregado. Gene Simmons, home de negocios e actor reputado, borda o seu papel de músico entre infernal e pueril. Mesmo cuspe lume, saca o seu baixo con forma de machada ou voa ata unha plataforma despregando as ás do seu xa mÃtico disfrace para tocar God of thunder. Simmons e Stanley son os fundadores da banda e únicos membros orixinais da formación que aÃnda se manteñen, acompañados agora por Nick Singer na baterÃa xa desde fai moitos anos aÃnda que intermitentemente e Tommy Thayer, que leva co grupo desde os primeiros anos do século, participando tamén na composición dos temas. Os KISS rematan co público entolecido bailando Rock and Roll all Nite entre unha choiva de confetti, explosións pirotécnicas e chamaradas. Por suposto, Paul rompe a súa guitarra e tira os restos á audiencia como é de rigor nun concerto desta banda que se precie.
Despois doutro éxito, que se pode agardar deste festival? Hai marxe para que siga crecendo? Tocarán algún dÃa bandas como Metallica ou AC/DC? É posible aspirar a ser máis que un referente en Galicia e España, un lugar que coñezan os afeccionados a esta música de todo o mundo? Pódese facer un Resurrection noutro lugar de Galicia? As limitacións do festival son as que se poñan os seus organizadores. Cos vimbios que hai, poden chegar ata onde a imaxinación os leve.