Documentan unha das fortificacións máis antigas de Galicia en Boiro

A súa muralla sería queimada hai tres mil anos

5/4/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Grupo de investigación GEPRN da USC fixo públicos algúns datos da súa intervención no Chan do Cerqueiro e no Coto do Espiño, unha zona arqueolóxico de diferentes épocas situado na parroquia de Moimenta (Boiro). Se na zona inferior apareceu un poboado prehistórico do terceiro milenio a.C., no que parecía existir un obradoiro de puntas de flecha, na zona superior, no coto de Espiño, as datacións permitiron documentar máis fases de ocupación do sitio. En concreto, unha muralla derrubada a partir dun incendio, que ofreceu unha datación do século X a.C. Deste xeito, o Coto do Espiño situaríase entre as fortificacións máis antigas de Galicia e sería un precedente dos castros. A maior parte dos máis antigos fúndanse ao redor do século V-IV a.C. O Coto do Espiño tamén tivo unha reocupación trala súa destrucción, da que os arqueólogos descoñecen se foi intencional ou accidental. As estruturas domésticas localizadas xa pertencían á Segunda Idade do Ferro, no século II a.C.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boiro, Idade do Ferro, USC, Obradoiro...

Claves

Entidades
Lugares