Exploran a biografía de 50 mulleres con poder na Idade Media galega

O CSIC edita un volume con estudos entre os séculos XII e XV

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Son cincuenta mulleres de diferentes tempos e condicións, pero representan unha época, a Idade Media, pouco abordada en Galicia desde os estudos de xénero. O venres o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, adscrito ao CSIC, presentou o volume Mujeres con poder en la Galicia medieval (siglos XIII-XV), no que a través de estudos, biografías e documentos analízase un amplo periodo que vai dos séculos XII ao XV. Entre estas figuras, na presentación destacouse "o caso de dona Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona e irmá do marqués de Santillana, cuxa vida conxugal foi obxecto de demanda por malos tratos e abusos de poder contra o seu marido, e que deixou ademais en herdanza a que, con 33 volumes, é coñecida como a segunda biblioteca laica coñecida no reino de Castela na época".

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Idade Media, CSIC, Padre Sarmiento...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares