Ao longo do último ano puideron verse nas pantallas do paÃs unha serie de documentais que rescatan a memoria máis conflitiva das cidades galegas. No caso de Pontevedra, as loitas arredor da fábrica de Ence son o eixe polo que apostan as últimas producións que seguen esta liña.
A factorÃa de Ence en Lourizán converteuse en protagonista do cinema documental máis recente sobre Pontevdra. ParaÃso roubado , estreado por Lukas Santiago o pasado mes de maio e que puido verse na última xeira de Cineuropa, reflexiona sobre a perda do areal e do rico banco marisqueiro dos Praceres pola instalación da factorÃa. O filme retrata ademais a oposición inicial á instalación da pasteira por parte das familias que vivÃan daquel espazo. A complementar este, o pasado dous de febreiro Rodrigo Cota estreaba Fóra, un repaso pola loita popular ao longo dos anos contra este complexo industrial.
ParaÃso roubado
"Este non é un documental contra Ence. É un documental sobre Lourizán e desde Lourizán. Pero cando contas a historia recente da parroquia tes que falar de Ence", explica Lukas Santiago, director de ParaÃso Roubado. O filme naceu, como outros proxectos similares, a levar para o público o que era orixinalmente memoria familiar. A situación da parroquia antes da instalación da fábrica de celulosas e as primeiras mobilizacións, duramente reprimidas, contra esta instalación protagonizan unha narración fiada a partir dos testemuños de veciñas e veciños da zona. "Son de Lourizán, veño de familia de mariscadores e esta historia xa a coñecÃn desde rapaz. Entón hai xa anos que lle comecei a dar voltas á idea de facer un documental". Unha xeira de entrevistas gravadas entre 2007 e 2010 foi a primeira tentativa dun proxecto que o director retomou cando se anunciou a prórroga de 60 anos para a fábrica, en 2016. "DecidÃn que era o momento". A desaparición fÃsica de varias testemuñas levou a reciclar aquel primeiro material "mesmo aÃnda que desde entón mudaran os formatos e non tiña unha calidade de alta definición. A miña avoa, de quen se fala no documental e fora unha das mulleres que estiveron na cadea por protestar contra a fábrica xa morrera en 2011, algunha das outras persoas entrevistadas tamén, e o meu avó, que tamén aparece estaba moi maior, e non se podÃan repetir moitas entrevistas".
Da memoria familiar á historia
A presenza das historias sobre o Lourizán anterior a Ence na memoria familiar e veciñal fixeron que para Santiago non houbese moitas descubertas ao longo do proceso de documentación do filme, se ben os espectadores poden atopar moitas novidades sobre esta historia. "Ao me criar eu alÃ, xa desde pequeno estiven a absorber información sobre este proceso". Deste xeito a conexión entre a memoria local e a historia oficial aparece como unha das achegas do proxecto. "Eu estudei Historia, é algo que me apaixona. Entón no documental puxen enriba da mesa moitÃsima información que a xente da parroquia non manexa. Alà funciona a transmisión oral, e o que tentei foi unir os cabos que contan por unha banda co que contan pola outra", explica. No entanto, ten claro que "a forza do documental reside nos testemuños das veciñas, máis que o que conte o director, que as fotos e documentos ou que os efectos de montaxe. As entrevistas, realizadas na década pasada, son auténticas xoias nos que as persoas falan en primeira persoa da Casa de Baños dos Praceres, do Colexio de Monxas, da Ribeira, da construción da AutovÃa, do conflito derivado da instalación da celulosa ou dos seus primeiros efectos sobre o banco marisqueiro".
Refutar a propaganda
Desde esta base Santiago quixo refutar a visión negativa sobre o areal de Praceres previo á fábrica. "Ence non contamina só por mar ou por aire, senón que tamén contamina a opinión pública mediante a propaganda que fan. Gasta millóns en publicidade só para lavar a imaxe, posto que non vende ningún produto", explica o director. Unha propaganda que ten calado en determinados estratos da poboación. "Eu teño escoitado a xente que defende a fábrica dicir que alà antes non habÃa praia, cando aquilo era unha sucesión de praias ata MarÃn, e en torno á praia dos Praceres desenvolveuse un dos núcleos turÃsticos máis importantes de principios do século XX a nivel galego", lembra Santiago. "Tamén din que do banco marisqueiro vivÃan catro mortas de fame cando o marisco daba sustento a milleiros de persoas". Os testemuños directos dos protagonistas contradÃn deste xeito a versión empresarial sobre o lugar. "Segundo o testemuño das mariscadoras de máis idade, antes da instalación da celulosa, en Lourizán practicamente toda a veciñanza vivÃa da ribeira, e cando se abrÃa a veda, viñan miles de persoas de toda a bisbarra. E moita desa xente non quixo ir traballar a Ence cando abriu porque gañaban máis na ribeira. Como eu digo sempre, as mariscadoras non cotizan en bolsa nin teñen lobbies de presión. Pero o certo é que se perderon centos e centos de postos de traballo na ribeira. Un dos propósitos do documental era divulgar a historia e a memoria sobre estes temas concretos".
Voces invisibilizadas
E é que tanto neste como noutros dos proxectos documentais recentes, as memorias persoais que se desvelan nas diferentes entrevistas contradÃn discursos oficiais e atacan o propio esquecemento sobre os feitos que se narran. As vivencias contadas ante a cámara achegan novos puntos de vista e dan voz a persoas e colectivos que ficaron en grande medida sen recoñecer polas institucións. Santiago é consciente como o seu filme achega unha perspectiva que estivo fóra en moitas ocasións dos discursos sobre a fábrica. Para alén o ollar das mariscadoras, o director documenta tamén o enfoque do conflito desde unha relativa periferia como pode ser a parroquia de Lourizán a respecto das áreas máis urbanas do concello. "Do mesmo xeito que hai un discurso oficial de Ence e do partido que defende os seus intereses, existe un discurso oficial en contra de Ence, dos partidos polÃticos e das asociacións que se opoñen á súa permanencia en Lourizán", explica Santiago. "Sempre se escoita falar, a través dos medios de comunicación, ás mesmas persoas, persoas acreditadas de Pontevedra, do mundo da polÃtica, do asociacionismo e da cultura. No entanto, esta visión tamén en certa maneira resulta incompleta porque é esta unha perspectiva desde a cidade que olla Lourizán na distancia. Pero, iso si, fundamental, porque son quen teñen a capacidade para loitar contra esa permanencia dende o punto de vista polÃtico, social, mediático e mesmo xudicial". Deste xeito, "un dos valores do documental é o de facer de altofalante da veciñanza de Lourizán, especialmente das mariscadoras de máis idade". Protagonistas da represión, dos golpes e da cadea nas primeiras protestas e afectadas na súa propia pel polos vertidos da fábrica no areal onde traballaban, estas son "voces imprescindibles, pero que nunca se escoitan. Como di unha das mariscadoras entrevistadas: `Falar falamos, pero ninguén nos escoitou. Nin nos queren escoitar aÃnda a dÃa de hoxe!´. E aà radica, precisamente, gran parte da orixinalidade e da forza deste traballo".
Retrato dos conflitos
O director adianta a súa intención de continuar a traballar, en dous novos documentais, sobre as transformacións que sufriu a parroquia de Lourizán e mais os conflitos vencellados ás mesmas. "É unha parroquia moi castigada, Ence foi a porta de entrada para toda unha serie de agresións que inclúen Elnosa, a depuradora de Ence, a dos Praceres, o tren pola praza ou os recheos ilegais do porto. O que podÃa ser a porta de Pontevedra transformouse no seu patio traseiro", salienta.
Fóra
O proxecto de Fóra saÃu "case no mesmo momento en Rajoy concedeu a prórroga, totalmente ilegal e un goberno en funcións para que Ence permaneza en Lourizán 60 anos máis", explica Rodrigo Cota, o director deste documental. De feito a rodaxe comezou coas imaxes da manifestación que se realizou en protesta poucos dÃas despois deste feito. Fernando Portela, produtor do filme, foi quen botou lle propuxo a este escritor e articulista o proxecto. "Foi case inmediato, de alà a dous dÃas comezamos a traballar". Un exitoso proceso de crowdfunding, unha ampla documentación e moitas entrevistas despois remataron coa estrea, o pasado 2 de febreiro, deste repaso pola historia da contestación á fábrica.
A protesta e a identidade
Os xa preto de sesenta anos que fixo a fábrica situada en Lourizán deixaron unha importante pegada na sociedade pontevedresa. Para alén do impacto das propias instalacións e do seu cheiro, a polarización de opinións encol do complexo e as protestas contra o mesmo marcaron o desenvolvemento polÃtico, asociativo e mesmo cultural da Cidade do Lérez. "Está claro que Pontevedra serÃa outra cousa sen Ence, totalmente diferente e desde logo moito mellor", asegura Cota. "Todos estes anos veñen marcando a evolución da cidade, xa no aspecto urbanÃstico. Logo hai unha chea de colectivos veciñais ou a propia Asociación Pola Defensa da RÃa, que leva trinta anos a traballar contra a fábrica, que non existirÃan sen este movemento de oposición e que deixaron a súa pegada na cidade. Mesmo no aspecto cultural tamén se teñen feito exposicións, cancións ou libros como parte da loita contra Ence. Por desgraza deixou un rastro importante na identidade de Pontevedra".
Evolución
No retrato da oposición á fábrica, Cota verifica como se deron mudanzas no xeito de actuar da sociedade. "Houbo unha evolución importante. A loita comezou xa desde o momento en que se soubo da concesión, mesmo antes de se construÃr a fábrica, a comezos dos anos 60. Era o tipo de loita que se podÃa facer durante a Ditadura, cando nin sequera existÃa o dereito de reunión e habÃa moita represión". Fronte a isto "nos últimos tempo adóptanse outras vÃas, como a asociativa, a polÃtica, a cultural ou a xurÃdica. Antes era por unha banda xente que se queixaba e pola outra xente que daba paos. Non quero con iso dicir que agora sexa máis sinxelo, simplemente non arriscas a liberdade". Sen reclamar descubertas destacadas neste proceso de recuperación da memoria da loita, Cota apunta que "a esta altura é difÃcil atopar novos aspectos fóra de cousas anecdóticas". No entanto para el o máis curioso foi atopar "documentos do réxime franquista no que xa habÃa institucións que pedÃan o peche da fábrica. Deuse unha oposición interna que non transcendeu á vida pública, con moitos alcaldes e altos funcionarios que viron o que se montou aquà e solicitaban a declaración da fábrica como industria nociva e contaminante e o fin da súa actividade". Fóra diso, o director destaca a atención que o documental lle dedica a "xente que ten loitado pola súa conta contra a fábrica, como o médico que ten un barco que pon ``Celulosas non´´ na vela, ou grupos de música que xa nos anos 70 compuxeron cancións contra a factorÃa".
Premios e recepción
Semella que os temas que se abordan todas estas producións están a contar cun importante respaldo de público e de crÃtica. Esquece Monelos, do que falamos na primeira parte desta reportaxe, foi galardoado con 3 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual en 2017: Mellor documental, mellor fotografÃa (Jaime Pérez) e mellor montaxe (Sandra Sánchez), mentres Vigo 1972 foi nominado na edición deste ano á primeira destas categorÃas. O proxecto de Cagiao obtivo ademais unha masiva recepción en Vigo. "Estivo sete semanas no cine, na primeira encheuse máis da metade das proxeccións, houbo xente que ficou fóra. Das tres primeiras penso que en xeral a sala estivo case chea. Tamén se notou en Ferrol a tradición obreira, foi moita xente. En Compostela tivo menos eco". O seu filme, ao igual que ParaÃso roubado fixo parte da programación do último Cineuropa, e do mesmo xeito que os outros proxectos comentados está a desenvolver o seu percorrido por festivais e documentais, no caso de Esquece Monelos cun percurso internacional.
Segundo explica Huerta, "noutras cidades vÃanse reflectidos neses procesos históricos, aÃnda que nos seus casos ao mellor non tiñan como suxeito o rÃo. Os conflitos urbanÃsticos son universais porque o capitalismo é tamén universal. Hai moito nos motores que deciden a configuración da cidade que é trasladable a lugares onde proxectamos o documental, como son Bos Aires ou a India, onde acabamos de recibir un premio. Alà saben ben de rÃos agochados, de barrios fagocitados e de etnias excluÃdas. A memoria urbana e a prevalencia de certos relatos históricos sobre outros son procesos universais e o documental está a se entender perfectamente". Logo do seu tour, Cota agarda continuar con presentacións e proxeccións por todo o paÃs do seu traballo. "Por min púñao mañá mesmo de balde en Internet, pero esas decisións correspóndenlle ao produtor", salienta. Vigo 1972, pola súa banda, poderá verse o vindeiro seis de maio no CGAI da Coruña e pretende comezar en breve a se distribuÃr fóra de Galicia. Son memorias que continúan o camiño.