Coruña Rebelde, XeografÃa, memoria e capital cÃvico, Pantasmas de Oza ou, de xeito máis recente, A Caixa da memoria son proxectos que están a se desenvolver nos últimos meses na Cidade Herculina. Todos eles coinciden na reflexión sobre o pasado e as transformacións urbanas, na reivindicación dos barrios ou na aposta pola recuperación da memoria colectiva. Toda unha serie de propostas que pretende reescribir o xeito no que concibimos esta urbe e que cadran no tempo con iniciativas similares noutras cidades do paÃs.
Ao longo dos últimos meses están a aparecer proxectos que desde coordenadas similares abordan as transformacións das cidades galegas. Roteiros, mapas, propostas multimedia ou documentais traen á actualidade xeitos alternativos de ollar o noso pasado recente. A Caixa da memoria, impulsado polo Concello da Coruña é un dos máis novos. Desde esta iniciativa pódense entender as claves da proliferación de propostas a explorar a nosa evolución urbana. Emilio GrandÃo, Profesor Titular Historia Contemporánea na Universidade de Santiago e, coordinador desta iniciativa explica que "A Caixa da Memoria non é só memoria. É un nome que tenta reflexionar sobre o impacto da memoria nunha sociedade que pensa que o pasado é só historia. Pero o pasado é tamén memoria e na complementariedade entre as dúas cousas é onde podemos xogar". Segundo explicaba José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, na presentación do proxecto, "hoxe en dÃa a construción do pasado realÃzase cada vez máis dun xeito horizontal, en paralelo entre axentes sociais e institucións, e este goberno cree necesario converter o pasado da Coruña nun elemento activo e dinámico, pois a recuperación dese pasado segue vivo na nosa cidade a través de diversas iniciativas e actos culturais. Cómpre acompañar desde o consistorio o dinamismo social que estamos a vivir arredor da historia e da memoria".
Memoria en potencia
Nese sentido, a iniciativa propiciada polo Concello xorde "ao comprobar que existe unha infraestrutura moi potente sobre estas cuestións que freou por mor dun proceso fundamentalmente polÃtico. Hai iniciativas que se veñen facendo desde os anos 80 e 90 e que manteñen aÃnda un certo vigor. Postas en conxunto, amalgamadas arredor de dúas ou tres ideas forza e adaptadas aos tempos, e en particular aos novos públicos e ás novas demandas, pensamos que poden funcionar moi ben", explica GrandÃo. A sinalar algunhas das potencialidades da cidade neste campo sinala que "na Coruña hai museos moi importantes, con redes potentes, en patrimonio como a Torre de Hércules, o Castro de Elviña, a muralla ou a cidade vella. E todo isto por xunto está ben, pero o que se ten que pensar de aquà a medio prazo é a recuperación do pasado a través doutras vÃas, e aà xogamos coa memoria". Entre as entidades que están a participar desta actividade están o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a Agrupación Cultural O Facho, a Casa Museo Emilia Pardo Bazán, a Torre de Hércules, Bibliotecas Municipais, o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou a Academia Galega do Audiovisual, canda a fotógrafos, escritores ou profesores de universidades.
Encontros e axentes
Representantes destas iniciativas participaron ao longo desde mes de xaneiro, os dÃas 17, 24 e 31, nunha serie de encontros a presentar o seu traballo e dialogar co público arredor das posibilidades e os obxectivos de A caixa da memoria. "Na primeira fase do proxecto a intención é elaborar un informe, a partir dunha valoración que se realizou mediante análises DAFO e de enquisas", explica GrandÃo. "Levamos xa varios meses nos que repasamos proxectos semellantes que se fan fóra e fixemos unha enquisa bastante potente a sectores culturais e vencellados ao pasado na cidade. Isto deunos moita información e amosa que hai persoas cunha capacidade crÃtica e de análise intelectual moi potente para poder desenvolver cousas". É a partir dese traballo preparatorio que se desenvolveron as mesas deste comezo de 2018. "Agora estamos nun momento de retorno cara ao público no que buscamos colaboración", un proceso no que, segundo sinala o historiador, "foi moi agradable atopar un público moi colaborador e desexoso de forza nova. AÃnda fica pendente ver as liñas polas que se pode ir, pero si atopamos moita gana de facer cousas e de reactivar o traballo". A partir destes encontros, "a fase final será a presentación e realización dun informe que tenta atender estas cuestións e propor novas liñas e adaptacións. Polo de agora procúrase un espazo de reflexión colectivo, coa sociedade e cos núcleos culturais".
Unha nova demanda
A abordar a proliferación de propostas que poñen en valor a memoria, Emilio GrandÃo sinala que "vivimos nun contexto no que o pasado practicamente desaparece ou se estatiza, fica case como un obxecto de museo clásico. Pero agora os museos, as casas museos e por suposto as cidades xa non son asÃ. A sociedade evoluÃu nos últimos 30 ou 40 anos e vemos moita xente que demanda perspectivas novas nese sentido". Esta evolución implica "unha necesaria ampliación do concepto de memoria. Está a idea de memoria pensada unicamente como represión, vÃtimas, números e vencellado á Guerra e ao Franquismo, e iso está ben, pero hai tamén moitos outros aspectos que ficaron ocultos detrás desa idea. Unha das grandes eivas que ten esta sociedade é ser quen, dun xeito rigoroso, de enfrontar por exemplo a transición á democracia, a conciliar memoria e saber académico cientÃfico".
Historia para o futuro
A investigación apoiada nas lembranzas persoais hai xa anos que está a coller peso nos estudos académicos. "A irrupción da memoria foi brutal para os historiadores máis ou menos clásicos. Temos que facer un esforzo para nos adaptar, a historia clásica non pode ollar para outra banda cando están a aparecer restos do pasado cada vez máis afastados no tempo pero baseados exclusivamente na memoria", lembra GrandÃo. A transformación transcende o académico e semella ter chegado á sociedade en xeral e ás cidades galegas en particular. "Penso que os valores culturais de boa parte da sociedade están nese concepto. Falamos de xente que agora pode andar polos corenta anos ou menos, que xa se educou nun contexto democrático. Acontece que polo xeral as polÃticas públicas sobre o pasado son tremendamente estáticas, non hai unha aposta decidida por se adaptar á sociedade e tentar culturizala democraticamente a través do pasado, e iso ten uns riscos que estamos a ver e non só no contexto español ou galego. É absolutamente certo que cando un anula o pasado anula o pasado e só pensa en clave de presente, póñense atrancos á creación de futuro e xéranse sociedades moito máis submisas. Canto máis tardemos menos seremos capaces de nos recoñecer e seremos moito máis vulnerables a calquera perspectiva exterior que veña".
A perspectiva dos barrios
Malia a que aÃnda ten moito camiño por percorrer e concretar, A caixa da memoria semella ir xa abrindo algunhas vÃas de exploración do pasado. "Unha das vÃas nas que quizais podemos achegar máis é incidir nesa idea de que a cidade e a súa identidade non está agochada entre a Cidade Vella e a PescaderÃa. Hoxe, e a ollar desde hai 20 ou 30 anos, hai que ter en conta que é unha urbe nova. A metade da poboación da Coruña non naceu na cidade, é a urbe galega que máis entrada de xente de fóra ten. Iso xa foi asà historicamente e xera un espazo aberto e plural que á súa vez atrae a xente", explica o coordinador do proxecto. As propostas en marcha coinciden en boa medida coas coordenadas que se propoñen desde esoutros proxectos activos na cidade, como é o xa comentado Pantasmas de Oza. "Nesa situación os barrios xogan un papel, e esta identidade do pasado que está referenciada no centro da cidade compleméntase agora con outras perspectivas que se poden enfocar desde a memoria. Este é o caso do RÃo Monelos, que é un sÃmbolo de algo que está por debaixo e que demanda saÃr no imaxinario colectivo para o exterior. Iso non tivo traslado ao oficial, non ten tradución nun relato ou nun discurso alén do que se fixo no Franquismo e nos primeiros tempos do Partido Socialista. Entón coincide a demanda de cidadáns de a pé que procuran recoñecerse nun discurso da cidade con historiadores que buscan outro xeito de entender".
A autoorganización
Outro dos ámbitos que están a xurdir desta experiencia é a historia dos movementos sociais d cidade. "A Coruña é historicamente un espazo moi dinámico e liberal, cun importante peso progresista, e xa desde comezos do século XX aparece como unha sociedade moi aberta e moi dinámica. A sociedade que hoxe hai na Coruña pódese comparar na súa dinámica social e histórica con cidades como Zaragoza ou Barcelona. O movemento social conta cun tecido e cun carácter que non existe noutros espazos urbanos. Na cidade hai unha tradición anarquista moi potente desde finais do século XIX nucleada nos barrios e que permite culturas de autoorganización moi vitais. Mesmo despois que de a estrutura anarquista fose lapidada durante a Guerra Civil, ese compoñente de actividade mantense" explica GrandÃo. "O peso do porto tamén é moi relevante. E por iso resulta unha cidade moi atractiva desde unha perspectiva de cambio e que polo xeral aposta polo cambio, mesmo nos momentos máis complicados da Ditadura nunca abandonou esa identidade. E iso xera unha sociedade diferente".
Problemáticas
Unha das pexas desta perspectiva é que aÃnda hai moitas persoas que non consideran que as súas lembranzas teñan algo que achegar a estes procesos. "Na primeira mesa falabamos e a xente dicÃa que a Transición para moitos dos suxeitos desta época a memoria deses anos non se considera importante", explica GrandÃo. Esta falta de consciencia súmase á urxencia por recuperar estas narracións. "HabÃa quen dicÃa que eses tempos están aÃnda preto e que hai que agardar a que esa xente teña netos para que queiran falar deles, pero en realidade xa os teñen. Este é o momento de recuperar, non podemos agardar a que teñan oitenta anos como aconteceu coa memoria do Franquismo". A ausencia de abordaxes sistemáticas sobre a memoria social xera tamén outras eivas no noso coñecemento. "É necesario traballar sobre a Transición, pero ao facelo saltamos uns corenta anos fundamentais de aculturación social. Falamos moito dos anos 30, 40 e do perÃodo álxido da represión franquista pero o desenvolvemento das estruturas de poder e da sociedade franquista é imprescindible para saber o que pasou nos anos 70. O feito de non haber unha ruptura e si unha transición algo terá que ver con isto. Resulta complexo, e canto máis tempo tardemos máis difÃcil será recuperar ese espazo social, o proceso polo que se xeran as cidades nesta Galicia e como". O reto de recuperar a memoria colectiva e reconstruÃr outras historias da Coruña está en marcha.