Para alén de marcar identidades colectivas, os conflitos sociais e territoriais deixan tamén a súa pegada nas persoas. O peso da loita nas biografías individuais, os problemas da transmisión de memorias complexas ás novas xeracións ou a emoción inevitablemente vencellada ás lembranzas son algúns dos eixes que o proxecto Vigo Rebelde abordou no barrio de Teis. Continuamos o noso repaso por proxectos recentes que abordan a memoria dos conflitos nas cidades galegas.
O pasado verán o barrio vigués de Teis fixo memoria da man da investigación Vigo Rebelde. O metal en loita. Entrevistas, vídeos, exposicións, roteiros, mapas e moitas conversas puxeron o foco na intensa historia obreira e de protesta que acumula o lugar. A iniciativa desenvolveuse no seo do proxecto #Salón do MARCO. Un lugar para facer, que ao longo do pasado ano transformou esta sala do museo vigués nun "novo espazo de socialización, un lugar onde atoparse, ler, estar e facer". Comisariada por Francisco García Quiroga, a proposta pretendía crear un punto de encontro coa sociedade civil da cidade a apostar pola cooperación e o común como bases. "Un dos eixes do programa tiña que ver coa conexión coa cidadanía, e había tamén un interese persoal, tanto del como nosa na cuestión dos movementos sociais e do dereito á cidade", explica Adela Vázquez, que coordinou desde o colectivo Niquelarte esta experiencia de investigación en Teis. "Xa nun primeiro momento cando nos contactou Fran Quiroga para traballar como facilitadoras dunha das propostas deste programa apareceu a idea de abordar o movemento obreiro da cidade. Aínda que semella esquecido, é algo que agroma por todos os poros, tanto en sentido estético, co impacto da industrialización, como a nivel humano". A investigación "non tenta só facer visible, senón tamén reivindicar o xeito no que estes movementos son unha parte fundamental para soster a vida das persoas. E non só nos centros urbanos, senón tamén noutros territorios".
O territorio
A aposta por Teis foise concretando de xeito colectivo no proxecto, ao verificar a dificultade de abranguer toda a cidade na pescuda. "Tamén se tentaba fuxir da abstracción que podería xerar tratar un territorio moi amplo", lembra Vázquez. "Podía ser outro barrio, pero nese proceso saíu Teis. Diego Lores, un dos membros do equipo traballaba en Teis, eu mesma tiña familiares que traballaron alí, e comezamos a falar de Vulcano, de Ascón e de loitas que foron moi visibles. O barrio dá a impresión de ser un volcán onde aconteceu todo. Na realidade non é así, pero dalgún xeito foi un sostén importantísimo para o movemento obreiro da cidade". E é que Teis acumula unha longa historia de loita sindical e obreira, e a zona viviu conflitos de grande importancia. Logo da importante participación dos habitantes do barrio nas folgas de finais do franquismo, como a de 1972, ou da forte implantación dos GRAPO e de sindicatos e organizacións políticas clandestinas, sucedéronse as fortes mobilizacións contra a reconversión das empresas de construción naval durante os anos 80 ou a batalla contra a instalación da empacadora de lixo de Guixar nos 90. "Eduardo García, presidente do Plan Comunitario do barrio lembraba que as loitas en Teis veñen xa do século XVIII, e isto marcou a identidade do lugar", explica Vázquez. Para alén do barrio como xeografía central, o proxecto observou tamén espazos periféricos próximos. "A zona de Candeáns, A Madroa e o monte da Guía apareceron moito nas conversas porque eran zonas onde se reunía a xente na clandestinidade, onde se agochaban e mesmo vivían. Foron espazos moi importantes onde se deu unha vida moi dura. Aí aparece o monte como un espazo de acollida onde se desenvolveron moitas cousas destes procesos".
A memoria do conflito
En boa medida, o relato sobre Teis integra dous dos grandes tipos de conflitos que se atopan en diferentes iniciativas de recuperación da memoria recentes. Por unha banda, aparece no barrio a loita polo espazo público fronte a industrias como a empacadora de lixo ou ante a degradación da contorna pola drogadicción e o abandono, unha problemática que deu pé ao Plan Comunitario local. Pola outra, están presentes neste territorio os diferentes enfrontamentos sindicais que procuraron melloras na calidade de vida e defenderon os dereitos laborais ante os sucesivos desmantelamentos da industria. Sindicatos, asociacións veciñais, culturais e doutros tipos mestúranse neste territorio e fan parte dunha identidade plural marcada polas loitas. Dentro dos múltiples conflitos que marcaron a zona, "a empacadora foi un fito nos 90", explica Adela Vázquez a repasar a memoria local. "O Padre Benito seguramente diría que Ascón foi o principal, aínda que Vulcano resulta tamén unha icona. Pero a empacadora é do que máis se fala. Foi unha batalla campal e supuxo unha auténtica guerra civil no barrio".
Participación
A busca da participación dos habitantes supuxo un eixe fundamental da investigación de Vigo Rebelde. "Tanto desde Niquelarte, xa desde os comezos, como desde a perspectiva de Fran Quiroga tiñamos claro que había que abordar este traballo con ferramentas participativas e ancoradas no territorio que posibilitasen o contacto entre persoas e movementos sociais", explica Vázquez. "Para min, xa a nivel persoal, o traballo de recoller e de valorar a memoria non ten sentido se non se fai de xeito común e participativo". Á hora de concretar este contacto, desenvolvéronse técnicas como paseos, encontros, entrevistas e mesmo unha manifestación. Ademais, houbo espazo para o formato participativo sobre valoración do patrimonio Bicomún, un mapeo colectivo, galerías fotográficas ou vídeos. "Canda a formatos predeseñados coma estes sucedéronse outras formas de se relacionar que se foron improvisando segundo iamos coñecendo xente". Estas perspectivas "resultan provocadoras e permiten que nos poñamos a conversar. Facilitan o achegamento entre persoas como algo que, alén do superficial, pode xerar relacións sociais afectivas onde se deixarán entrever os conflitos e as emocións, cousas que sosteñen a memoria común". Nese sentido, persoas vencelladas do Plan Comunitario de Teis, como Eduardo García, Basilio Aragón ou Xenoveva Cordeiro reveláronse como un apoio fundamental para desenvolver o proxecto. "Houbo conversas, moita curiosidade compartida entre uns e outros e tamén momentos de desconfianza, inevitables ao chegar nós como persoas alleas ao barrio, que houbo que rachar". Ao final, "foi un traballo fondamente colectivo" no que se mesturaron as achegas de investigadores, habitantes e visitantes. A coordinar a iniciativa desde o MARCO, logo dunha convocatoria aberta para participar, formouse un equipo que foi definindo o formato. Nomes como o da propia Adela, Fran García Fernández, Diego Lores, Xavier Dapena, Manuel Gil, María Ríos, Fon Cortizo, Nuria Barreras, Cristina García, Martín Roxos ou Rita Bouvy son algúns dos que participaron no proxecto.
Os coidados
A cuestión da solidariedade e dos coidados, fundamentais para artellar as relacións do barrio e particularmente nos momentos de conflito, foi un dos aspectos máis importantes que xurdiron ao longo da investigación. Este foco amosou tamén o papel fundamental que as parellas e as familias dos traballadores desenvolveron nas loitas obreiras. "No mercado de abastos falábase moito de como os propios comerciantes se involucraron para dotar de comida ás mulleres dos traballadores de Vulcano que viñan a pedir alimentos. Saía moito o tema da carestía da vida e de como facerlle fronte, o papel dos economatos do barrio onde todo o mundo que podía doaba cousas, e a colaboración que se apalpaba no lugar", explica Vázquez. "Engracia, que rexenta a carnicería do mercado dende hai máis de 40 anos e non se quere xubilar, foi unha compañeira no proceso que nos compartiu o seu sentir sobre o moito que ama o espazo social do mercado porque nel agromaba a solidariedade. Algo que di que xa se perdeu". Para alén de folgas, manifestacións e enfrontamentos coa policía, en Teis "isto converteuse tamén nun eixe protagonista da interacción social que mantivemos". Con outras formas, pero eses coidados continúan vivos na zona. "É un barrio de inmigrantes, e hai moito traballo social pero non só a nivel técnico. Tamén se teceu un traballo social a nivel veciñal importante, agora moi vencellado a ese fenómeno, que permitiu que hoxe agora haxa alí postos laborais para profesionais do sector. Hai moitos espazos e accións a traballar e compartir cos inmigrantes, e resulta interesante pensar por que se dá aí".
A transformación da loita
De xeito similar a esta, a experiencia cos diferentes conflitos deu pé a iniciativas colectivas que singularizan o barrio. Segundo Vázquez, "unha das primeiras cousas que descubrimos de Teis foi a existencia dun tecido asociativo moi importante. Está a Asociación de Veciños, a Asociación e Escola de Tempo Libre Xaruma e un Plan Comunitario que se puxo en marcha nos anos 90 e continúa activo, o cal é extraordinario cando en moitos outros lugares do país tamén o houbo e non foron adiante. Ao ollar de onde vén todo isto, e como funciona este tecido aparece a loita obreira". E é que as consecuencias do desmantelamento industrial motivaron tamén formas acción social. "Eduardo García, presidente do Plan Comunitario viviu de mozo a reconversión, e explicaba que este proxecto se botou a andar ante unha degradación do barrio e un problema de drogadicción polo que pasaron moitos dos seus compañeiros", nunha situación con altas doses de paro. En paralelo, revisión destes conflitos permite reflexionar sobre as mudanzas na organización e na resposta da poboación ante os conflitos sociais. "Hai paralelismos entre aquel momento e a situación actual, pero mudaron moitas cousas. O Padre Benito lembraba como nos anos 70 había milleiros de traballadores en Vulcano, e agora non hai máis que unhas poucas persoas contratadas e só durante o tempo que se tarda en rematar un barco. Aí aparece a cuestión e como podemos entender hoxe as mobilizacións. Se as hai, se non as hai e qué acontece con elas. É algo que apareceu repetidamente e se discutiu na investigación", lembra Adela Váquez.
Loitar desde a arte
Dentro das múltiples modalidades que ao longo dos anos adquiriron os movementos sociais no barrio, Vigo Rebelde atendeu tamén ao aspecto máis puramente cultural e creativo destas loitas. "Outra das cousas incribles que xurdiron na investigación foi a descuberta de Maruchi, que foi compañeira do artista Xosé Guillermo. Foi unha conexión que xurdiu de xeito espontáneo e que nos descubriu o tremendo arquivo deste autor, un artista urbano que traballou sempre desde a participación veciñal e que agora se conserva grazas á Fundición Nautilus", explica Adela. Da súa man a creación de murais, a decoración das rúas ou a elaboración de pezas para as manifestacións, sempre coa implicación dos veciños, fixeron tamén parte da mobilización xeral do barrio. "Foi el quen organizou o mural contra a empacadora en 1994 no que participaron os veciños de Teis, e na súa casa hai moitísimo material, con fotografías e obras sempre implicadas no social, que está pendente de reivindicar e descubrir".
A loita íntima
Alén dos efectos directos nas condicións económicas e nos dereitos do persoal e das súas familias, a investigación revelou tamén o peso que a loita obreira ten nas biografías das persoas implicadas e na súa visión sobre si mesmas. "Basilio Aragón falaba que o tempo no que sindicou fora a época máis importante e máis bonita da súa vida. E iso que pasou épocas moi duras, estivo metido en auténticas batallas campais e non era nada doado vivir dese xeito", explica Adela, a incidir en que precisamente descubrir ese transfondo era parte do obxectivo da investigación. "Iso vai moito para alén de descubrir cousas sobre como se producían os conflitos, qué acontecía en Vulcano ou como se estruturaban os sindicatos. Nós buscabamos tamén isto, que ten que ver co emocional. Fala da importancia que a loita polos dereitos e a busca dunha calidade de vida ten para alén da cuestión económica. Mesmo nese nivel de soster a propia vida e que este proceso sexa máis levadoiro a nivel persoal". De xeito similar, apunta que "nalgúns dos encontros con mulleres no mercado comezaron a saír cuestións moi dolorosas. Había persoas que dicían que tentaban non pensar naqueles tempos porque se pasara moi mal. Isto pode tamén ter que ver co problema da transmisión, contar estas historias ou fomentar a loita pódese ver como afondar na ferida e resultar doloroso".
As novas xeracións
En relación a isto, unha das cuestións que resultou rechamante para o equipo de Vigo Rebelde foi que "nas persoas que participaron nas loitas dos anos 70 había tristura por ver que a xeración dos seus fillos, que agora teñen trinta ou corenta anos, se conforma e non loita da mesma maneira por mellorar as súas condicións laborais. E xente maior como Basilio Aragón non entenden como iso é posible tendo detrás a historia de loita que teñen". En relación a isto, Vázquez admite ter detectado un certo desinterese da xente máis nova por esta memoria, se ben diferentes propostas de Vigo Rebelde conseguiron unha importante presenza interxeracional. "É certo que as persoas máis novas non foron as que máis participaron en actividades como o mapeo, aínda que si se achegaron ao roteiro ou ao BIComún da Festa da Guía. Resulta indicativo que nun espazo como o mercado na sesión que fixemos nin sequera amosasen curiosidade por un dispositivo que chama tanto a atención como e un mapa. Isto fíxonos preguntarnos se é que non lles resulta rechamante porque non o viviron, se non lles interesa ou se está escondido".
A transmisión da loita
"A transmisión rachou". Esta foi, segundo Adela Vázquez, unha das impresións que saíu do traballo de investigación e que pode explicar en certo xeito ese desinterese. "O propio Eduardo García do Plan Comunitario fala de que queren que esquezamos esas loitas, e non é o único que o menciona. Atopamos xente que ao mellor hoxe ten 50 anos e que traballou no sector e si tiña memoria dos seus conflitos e dos que se deran na xeración anterior, e son aínda memoria viva. Pero xente máis nova, mesmo a que hoxe traballa aínda en Vulcano, non sabe xa do que foron aqueles conflitos", explica.
A cuestión chegou, a un nivel subxectivo, ao propio grupo de mediación que desenvolveu o proxecto. "Coincidimos unha serie de persoas máis ou menos nadas nos anos 80, e todas con unha certa experiencia común, por vía familiar, sobre a reconversión e as loitas sindicais en diferentes lugares do país. Entón vimos que estabamos metidos non só nun proxecto en relación coa cidadanía, senón que isto estaba na nosa propia infancia. Comezamos a falar dos nosos propios espazos e barrios, e fomos cuestionando como nos chegaron eses procesos e o xeito en que nos afectaron", lembra Vázquez. "A falar no grupo de investigación vimos tamén que nas nosas propias historias persoais había unha censura importante á hora da transmisión desas loitas entre xeracións. Comprobamos que en moitos casos as mulleres non falaban destas historias. Cando se lles preguntaba por como viviran estes movementos dicían que non o viviran. Hai un feche, un non saber falar do tema. Penso que esa censura e esa non transmisión pode ter que ver co silencio, co que fica sen expresar. E isto pode ter relación tamén co sistema actual, que impide tamén que nos organicemos nunha loita máis artellada".
Rachar o silencio
No entanto, fronte ao silencio como xeito de supervivencia, a experiencia atopou tamén a función liberadora que ten tirar as memorias á luz pública. "Saíron historias moi dolorosas, e para iso, como facilitadoras ou mediadoras dun proceso como este, cómpre desenvolver unha escoita moi afectiva, resulta unha ferramenta fundamental. Na xornada do mercado, por exemplo, unha muller comezou a contar que o seu home estivera na cadea, que o pasaran moi mal, e púxose a chorar alí mesmo. Logo, con máis calma, ela mesma e a súa filla comentaron o importante que é falar disto e tiralo á luz, vivírono como unha liberación. Para min foi unha das experiencias máis importantes de Vigo Rebelde. Tiñamos medo de facer dano ao preguntar por estas memorias pero atopamos tamén unha necesidade de contar e de amosar que se enfronta a represión e ao tabú sobre estas historias".
Mapa Colectivo do Vigo Rebelde. Cos controis podes ampliar un pouco a imaxe para coñecer o tipo de lugares mapeados.
Novas rebelións
Para alén do material da experiencia, compilado e publicado en Meipi.org (en proceso de reparación no momento de publicar esta reportaxe), os datos e o material empregado na experiencia ficaron en mans do Plan Comunitario de Teis logo de se expor do MARCO. Desde alí, están a se desenvolver novos xeitos de continuar o traballo arredor destas memorias. Como derivadas do proxecto, están previstas novas actividades de colaboración entre os promotores de Vigo Rebelde e diferentes iniciativas de memoria nos barrios. "Queren facer outro BIComún", explica Vázquez. "Hai moitas propostas que se coñecen pouco pero que traballan tamén estas cuestións. Escolas no barrio ou en Coia abordan o tema a reconversión ou fan roteiros para falar destes temas cos alumnos. Desde hai anos existen proxectos como o de Vigo Industrial ou Entremos na Panificadora que están a traballar de xeito calado e pouco visible. O bonito é que con esta proposta, grazas ao MARCO fómonos coñecendo e conectando". A memoria das rebelións continúa.

Vigo Rebelde, o metal en loita from Niquelarte on Vimeo.

Plan Comunitario de Teis from Niquelarte on Vimeo.