Localizan mostras de peixe de época romana na necrópole de Adro Vello

O equipo de investigación recupera tamén restos óseos de sete persoas

3/7/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
24 lecturas | Compartido 0 veces

Foto: Universidade de Vigo

Adolfo Fernández, director da intervención no sitio arqueolóxico de Adro Vello (O Grove), un espazo costeiro cunha cronoloxía que vai desde a época romana ata o século XVIII, presentou os resultados da semana de escavación levada a cabo no espazo por técnicos da Universidade de Vigo e da de Santiago. Fernández destacou que trala retirada dos restos óseos dunha das sete persoas recuperadas (un bebé, tres nenos e outros tres adultos, que van desde o século V ata o XVII), no fondo dun antigo píoindustrial romano documentaron unha gran capa de retos de peixe estimados en 1700 anos de antigüidade, e que poden estar asociados á produción de preves. Para o arqueólogo, estes restos de peixe "poden ser un achado único", debido ás excepcionais condicións de preservación deste material orgánico, pouco habituais nos sitios arqueolóxicos. Os restos permitirán realizar moitas investigacións sobre tamañño e número de invididuos, o tipo de especies ou a súa evolución en 1700 anos.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Fernández, Universidade de Vigo, Grove, Vigo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares