Un novo xeito de desenvolver as actividades culturais está a agromar no forza no paÃs. Fronte aos cursos, conferencias, visitas e faladoiros estáticos, aparece unha crecente cantidade de iniciativas que levan a cultura de camiño. Obras de teatro e de narración oral, encontros de debate, propostas de divulgación ou mesmo iniciativas de arte contemporánea apostan por se desenvolver in itinere, e poñen a camiñar os seus participantes.
Un maior contacto co territorio e co contexto do tema que se traballa. Un xeito diferente de interactuar entre os participantes, sen posicións fixas e a miúdo sen papeis definidos entre relatores e público. Un contexto máis relaxado. Camiñar achega perspectivas que cada vez aproveitan máis actividades culturais. Semella que a reivindicación que nos últimos anos está a se facer desta actividade como unha fonte de saúde e un xeito diferente de estar no mundo transcendeu tamén á nosa cultura. Os factores que poden explicar esta influencia son do máis variado, desde aposta crecente pola peonalización das cidades, ata a auxe do running, a proliferación de visitas guiadas para turistas ou mesmo a edición que Axóuxere realizou en 2012 de Camiñando, o volume no que Thoreau reivindica esta actividade como fundamental para a saúde mental. Cada vez son máis as propostas que optan por se organizar con percorridos abertos e que buscan aproveitar ao máximo as posibilidades destas fórmulas, que van para alén das visitas guiadas ou dos roteiros comentados.
Monumenta
Entre os máis avezados cultivadores da arte da camiñada cultural cómpre salientar a Julio Gómez, coordinador do ciclo Monumenta. Nado coa intención de dar a coñecer diferentes elementos patrimoniais do paÃs, esta iniciativa da ConsellarÃa de Cultura transformouse e desde hai a súa edición de 2016 aposta pola camiñada como base da súa actividade. Baixo o lema Andar con arte, o programa presenta roteiros de divulgación do patrimonio que, para alén de visitar e coñecer diferentes espazos, integran tamén actuacións musicais e propostas escénicas. Segundo explica a presentación do proxecto na rede, Monumenta reivindica "a experiencia da andaina como a mellor e máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio". "O camiñar, como o respirar, revestiu de contido os nosos carreiros ao longo da historia, para configurar a paisaxe, os nosos relatos e vivencias. Co saber dos camiñantes convidados, Monumenta achega outra mirada aos nosos camiños, nos que se erguen os edificios históricos relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial", explica a páxina do proxecto. "O obxectivo principal do programa para nós é a experiencia. Temos que traballar arredor do patrimonio e non hai mellor xeito de o activar que unha actividade en grupo, que ademais é itinerante. O propio acto de camiñar fai se o máis interesante da actividade", explica Gómez.
De circular a camiñar
"Penso que Monumenta recupera eses valores romántico que se desenvolveron no século XIX, cando os camiños deixaron de ser só espazos de circulación cheos de perigos e se transformaron noutra cousa. Aà naceron os primeiros viaxeiros, as primeiras experiencias onde o que se puña en valor era o propio acto de camiñar e no tanto a viaxe dun sitio a outro", lembra este xestor cultural. A aposta por este formato implicou reconsiderar as actuacións escénicas e musicais que desde o comezo fixeron parte do ciclo. "En boa medida recuperamos a figura dos trobadores, dos cantantes camiñantes que van interpretando as súas composicións ao longo do percorrido". AsÃ, no último ano artistas como VÃctor Coyote, Treme ou o gaiteiro Toño Cesteiro actuaron sen amplificación e ante o reducido público de participantes. "O feito de camiñar e de practicar unha experiencia colectiva establece ligazóns moitos máis fortes a nivel de comunicación e de afinidade, xera unha relación máis persoal" entre o músico e os participantes, asegura Gómez.
Investigar de camiño
Camiñar foi a base tamén do proxecto que Fran Quiroga e Andrea Olmedo levaron ao longo deste outono e inverno ao Museo de Arte Contemporánea de León e mais do Centro Galego de Arte Contemporánea. O proxecto Rural Decolonizado consistiu nunha serie de paseos e conversas cos habitantes das zonas de La Sobarriba en León e da Raia Seca entre Galicia e Portugal. Segundo explica Quiroga, "propomos as conversas camiñadas como un método performativo de investigación coas comunidades nas que nos situamos. Camiñar é un acto cotián que implica moito máis do que mover as pernas. Leva aparellado pensar, observar a paisaxe, e ten tamén un elemento de acto radical e de pensamento crÃtico. Alguén o outro dia que non hai nada mais anticapitalista de camiñar, porque é unha perda de tempo". Entre outros referentes para o proxecto lembra "un texto moi bonito de Marcial Gondar que dicÃa que no rural non se pasea como acto ocioso, senón que se camiña. Tamén recollemos a Idea zapatista do camiñar preguntando, fronte á visión da elite vangardista que lle di ao pobo o que ten que pensar, falan deste moverse coa sociedade e ir preguntando".
Tránsitos e conexións
Para el, este formato de pescuda "axuda a diluir a distancia entre investigador e investigado, porque ambos van á par. Ademais, sitúas a xente nun contexto familiar, evitas espazos neutros ou a mesa que marca quen investiga a quen". Ademais, daba pé a indagar alén do máis evidente. "Segundo ias camiñando vÃas como a xente se ia relaxando e aparecÃan máis temas de conversa. Ao comezar falábanse de cousas máis tÃpicas, do que era aldea e cousas asÃ, e logo Ãase xerando un espazo de confianza que facilitaba a conversa". O sistema de camiñadas tamén se aplicou ás xornadas de análise e presentación desta iniciativa que se desenvolveron en Compostela e en León. "Fixemos unhas Xornadas Camiñadas que supuñan tamén un tránsito entre diferentes espazos e xeitos de entender a cultura, desde espazos máis institucionais a outros máis autoxestionados, a escapar tamén a idea de centralidade do museo". Nos mesmos, os participantes Ãan tamén intercambiando opinións e contribuÃndo ás conclusións do proxecto. Tamén neste sentido Quiroga salienta o potencial desta fórmula, e apunta a necesidade de "experimentar formatos para que non sempre falen os mesmos, para evitar caer nesa visión colonial, elitista e xerárquica. Cómpre habilitar espazos que sexan cómodos, que xeren confianza. Aà está ben combinar o ámbito máis micro, con grupos pequenos, con outros máis amplos que permite que haxan moitas máis voces para falar". E é que "a través dese camiñar podes compartir con xente, falas primeiro con un, e logo con outro, non está sentado sempre onda os mesmos. E logo tes diante da túa cara o que estás a estudar, e isto é moi interesante".
Máis investigacións
Non é esta a súa única experiencia con investigacións ao paso. O proxecto Montenoso, de estudo das comunidades de montes en mancomún ou o Programa de Estudos en ManComún, que se centra a investigación multidisciplinar dos eixes ruralidades, feminismos e comúns, empregan tamén ocasionalmente as camiñadas como xeito de investigación. "PermÃtenos ver a realidade dun contexto concreto, o xeito no que se habita un territorio, como se entenden o común ou a potencia do inacabado. AÃnda que resulta difÃcil, permite conectar tamén coa comunidade local", destaca Quiroga. "Hai que camiñar a realidade para entender o territorio. É moi cómodo estar sentado nun sofá, pero a realidade hai que a pisar".
Tours comisariados
Tamén arredor da arte contemporánea a empresa Offmuseum, nada coa intención de tirar dos centros convencionais as experiencias creativas, dálle unha volta de porca aos roteiros turÃsticos e aposta polo que se coñece como "curated tours" en Compostela. Segundo explica Desirée Vidal, responsable do proxecto, este é un xeito de mediación no que o guÃa actúa como un comisario de arte a amosar unha cidade. "Igual que comisariar unha exposición implica un traballo de investigación e de documentación, seleccionar pezas, ver como as vas relacionar entre si e como as vas amosar, eu tento facer visitas guiadas, moi especÃficas, que integren cuestións locais, presente e pasado", e que contan ademais engadidos como "a presenza de especialistas como enólogas, que transforman a experiencia de ir tomar un viño en algo máis". Un xeito diferente de coñecer a cidade para locais e foráneos.
Formatos para o ocio
Sen ser especificamente orientadas á arte contemporánea, as rutas de Offmuseum beben da experiencia de Vidal como historiadora e comisaria. "En boa medida a creación contemporánea está a se dar fóra dos museos, que son espazos hipermediados", explica. Desde esa perspectiva, o formato de visita guiada "supón algo próximo para calquera. Todo o mundo camiña e saber moverse nun espazo. Pola contra, cando chega a un museo moita xente non saber que facer, se pode tocar, canto pode achegarse. Hai moitas trabas á comunicación". Entón "a visita guiada, sexa interior ou exterior achega opcións de xogo, coñecemento e relación co espazo. As persoas precisan sentirse membros activos". Unha das vantaxes do formato é que "traballas directamente co público, tes un retorno inmediato do que funciona e do que non". A actividade oriéntase de xeito especÃfico ao tempo de ocio, e evita etiquetarse como cultura. "Eu falo de arte e traballo desde unha óptica cultural, pero se falase de que fago turismo cultural no venderÃa nada", explica a responsable de Offmuseum. "Tento achegarme á creación contemporánea desde unha óptica crÃtica pero tamén lúdica". Isto facilita en boa medida a súa tarefa como mediadora. "Sexamos visitas guiadas ou museos, estamos a ir todos a atender o tempo de ocio. Cando as persoas se sitúan nese tempo de lecer para se dedicar aos seus intereses achéganse ás cousas dun xeito máis curioso, que a diario no nos podemos permitir polas nosas obrigas. Entón aà vexo posibilidades de facer propostas culturais e turÃsticas que poidan chegar". Como exemplo, a vindeira proposta de Offmuseum para habitantes e xente que coñeza Santiago é un tour no que se relaciona o xénero co fenómeno turÃstico. O vindeiro 25 de marzo está prevista a celebración de Compostela Femme. A cidade xacobea e turÃstica en clave de xénero, un proxecto no que os espazos máis turÃsticos se contemplarán desde unha perspectiva diferente. "Se paras a ollar neles, decataraste de que non hai mulleres alÃ", explica a guÃa e comisaria.
Teatro en tránsito
Tamén a creación escénica e literaria está a apostar polos paseos como novo xeito de crear. No recente festival Escenas do Cambio, Chévere amosou o seu proxecto CheverografÃas, un percorrido, a partir da historia do propio grupo teatral, pola cidade de Compostela e pola súa tarnsformación progresiva nun espazo turÃstico. "Unha das liñas de exploración de novos formatos que estamos a traballar é esta", explica Xesús Ron, autor da peza, a lembrar o antecedente Chelo. Paseo nº 1 que a compañÃa o pasado verán no marco do festival Fóra do Mapa, de Ferrol. "Na perspectiva de traballos que non se desenvolven en espazos convencionais, apostamos por traballar a partir da idea de paseo e de andar, e ver como aà podemos provocar unha narración escénica". Segundo el "interésanos explorar espazos non convencionais, xerar unhas pezas que nos fagan tamén reflexionar sobre como son as cidades". Os participantes na montaxe, dotados de audioguÃas que explicaban e narraban o contorno, seguÃan varios personaxes por enclaves destacados da historia de Chévere. A aposta pola camiñada como formato "é unha exploración fundamentalmente dramatúrxica, indaga xeitos de se comunicar e de se relacionar cos espectadores" que, ao seu ver "resulta moi interesante e abre moitÃsimas posibilidades". Entre outras, segundo apunta, a opción de combinar a vivencia colectiva do teatro coa experiencia persoal. "Ao empregar auriculares como soporte, a escoita é individualizada e Ãntima". Tamén destaca o feito de "contar unha historia en desprazamento, que se contrapón co estático de asistir a unha representación teatral". Ademais, ao centrar a narración da propia cidade esta "transfórmase nun personaxe máis da obra, e oferta a posibilidade de a mirar desde unha perspectiva distinta".De xeito similar, no marco do Festival Atlántica, Manuel Gago aplicará os vindeiros 16 e 17 de marzo a narración oral ao roteiro No rueguen a Dios por él, no que fai un percorridos polos escenarios da crónica negra da cidade.
Paseos para coñecer o lugar
En maio do pasado ano unha iniciativa en Cangas incorporaba a Galicia á iniciativa internacional dos Paseos de Jane. Este movemento, nomeado en honor da urbanista Jane Jacobs, convida cada primeira fin semana de maio aos participantes nos diferentes paseos a revisar os lugares polos que transitan e analizar que funciona e que non en cada cidade, pondo en común memorias e coñecementos. Segundo explica MarÃa Masaguer, unhas coordinadoras deste primeiro roteiro desde o colectivo Refundición, "é unha reflexión sobre o espazo no que nos movemos. Na vida diaria todos facemos só os nosos percorridos habituais e poucas veces nos perdemos pola nosa propia vila". Na experiencia que viviron en Cangas o pasado mes de maio, atoparon "xente que nunca pasara por algunhas das rúas, ou que non as percorreran como peóns. Iso foi un exercicio moi interesante, viron como muda o espazo de ser condutor a ser peón". Segundo recoñece Masaguer, o formato de roteiro "facilita a conversa sobre o tema. Foi un paseo guiado, e nós achegamos unha ollada crÃtica sobre algúns temas ou orientábamos a perspectiva nas paradas que se facÃan. Pero a xente falaba pola súa banda, saÃan conversas e intercambiábanse opinións e coñecementos. HabÃa desde xente maior a rapaces pequenos con bicicleta que interactuaban de diferentes xeitos co camiño". A iniciativa terá continuidade o vindeiro mes de maio nesta comarca e inaugurarase en Compostela, onde está convocado un primeiro roteiro o vindeiro 25 de marzo polo barrio de Fontiñas e un Paseo de Jane para a primeira fin de semana de maio.
Interese por camiñar
Segundo resume Fran Quiroga, "hai un interese por camiñar. Na arte xa os situacionistas reivindicaban o deambular e o deixarse levar, esa estética relacional fronte a idea da creación sublime. Agora obsérvase esa reivindicación. Por exemplo á hora de falar de paisaxe e de territorio non hai mellor maneira que camiñar. É un formato que ten cada vez máis potencia". O interese polos camiños no é exclusivo do noso paÃs, e Quiroga apunta por exemplo a exposición Walking on and off the Path, do artista camiñante Hamish Fulton, que se poderá ver na Fundación Cerezales, en Cerezales del Condado, León. "Camiñar é un acto cotián que fai parte do quefacer da xente, non hai que meter as persoas nun espazo que lles resulte dificultoso. O propio camiño de Santiago tamén actuou como reivindicación dese camiñar". Reivindica ademais, fórmulas menos experimentais que, ao abeiro da afección polos sendeirismo, levan xa tempo a amosar o potencial cultural desta práctica. "Hai xente como a asociación RoxÃn Roxal que desde unha perspectiva convencional conseguen mover cada fin de semana moita xente cos seus roteiros culturais". De xeito similar, hai anos que se desenvolven no paÃs iniciativas como os ciclos temáticos de roteiros guiados da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), que este ano reivindican, co lema Recuperando O Noso "iniciativas, proxectos ou experiencias que recuperan o noso patrimonio e saber popular".
Ao longo dos nosos vindeiros temas abordaremos máis polo miúdo algunhas das iniciativas que dan pasos culturais. Distintas perspectivas que levan a un mesmo camiño.