Todo o mundo pode achegar algo para coñecermos, interpretarmos e mudarmos a nosa contorna urbana. Esta é a perspectiva coa que botaban a andar, hai agora dez anos, os Paseos de Jane (Jane's Walks). Esta iniciativa internacional estreábase a pasada primavera en Galicia, e ten trazas de arraigar nas nosas cidades e Vilas. Cangas e Compostela, cando menos, teñen en marcha eventos deste tipo para vindeiras datas, e é de agardar que se vaian sumando máis lugares. Continuamos a nosa serie sobre cultura a camiñar a falar desta proposta.
Nados en 2007, un ano despois do falecemento Jane Jacobs, a urbanista que lles dá nome, os Paseos de Jane espalláronse por todo o mundo e conseguen mover cada ano milleiros de persoas. Por defecto, celébranse cada primeira fin de semana de maio, a coincidir co aniversario da que foi autora de Morte e vida das grandes cidades americanas, obra na que aposta por outro xeito, máis participativo e vivencial, de comprender as dinámicas urbanas. O oito de maio de 2016 Cangas acollÃa o primeiro Paseo de Jane que se celebrou en Galicia. A iniciativa partiu dun grupo de persoas con intereses nos campos do urbanismo, a arquitectura, a fotografÃa ou o patrimonio. Baixo o nome colectivo de A Refundición, profesionais e afeccionados de diferentes ámbitos planificaron un roteiro que procuraba facer reflexionar a xente sobre o seu contorno inmediato, o xeito no que se configurou e os usos que se lle dan e se lle poderÃan dar.
Todos somos urbanistas
A idea de fondo dos paseos de Jane é que todo o mundo pode achegar algo. Segundo a propia Jacobs citaba na súa obra clásica, "os procesos que teñen lugar nas cidades non son en xeito algún arcanos, comprensible só para os expertos. Case todo o mundo pode comprendelos". A seguir este espÃrito, o grupo que está a organizar o vindeiro paseo en Compostela ten claro que "aÃnda que en cada paseo alguén guÃa, son participativos para que todo o mundo achegue algo. Calquera pode contar unha anécdota, dar un dato, falar sobre unha árbore ou identificar unha especie de paxaro que pare nela. Unha curiosidade como esta pode levar a algo máis grande", explica Patricia Ares, unha das coordinadoras da camiñada. Asà pois, o obxectivo destas actividades é coñecer o contorno inmediato e "reivindicar as rúas como espazo de convivencia e encontro", segundo lembra desde o paseo do Morrazo MarÃa Masaguer, unha das súas promotoras. "Na actividade propuxémonos dous retos. Por unha banda queriamos compartir o noso ollar sobre os diferentes tecidos urbanos e os seus usos, e pola outra experimentar xeitos de participación para facer visible a importancia de atender e coidar a mobilidade peonil", explica.
Multidisciplinares
Desde esa perspectiva participativa, ningún dos promotores iniciais da cita compostelá procede do ámbito da arquitectura. Patricia Ares, filóloga, e Alfonso Barata, historiador da arte, botaron a andar o proxecto. "Comezamos a falar en febreiro de 2016 e foi o pasado mes de decembro cando nos decidimos a poñelo en marcha na cidade. Interesábanos o tema do urbanismo e da sustentabilidade e pensamos que serÃa interesante facelo", sinala Ares. O equipo completouse posteriormente coa presenza de xestores culturais como Óscar Senra, o biólogo e membro do colectivo Barriopia Diego Vázquez ou a arquitecta Carmen GarcÃa. "Tampouco é que teñamos un equipo fechado, Ãmonos reunindo e falando e repartindo o traballo", explica Ares. Desde Cangas, MarÃa Masaguer, que coordina tamén o proxecto Camiños Seguros do Morrazo, explica que no seu caso a iniciativa botou a andar "un pouco como un exercicio para facer algo conxunto con outros profesionais que estabamos a coñecer na vila. Tamén buscabamos que houbese tamén un retorno para Cangas". Topógrafos, profesionais da comunicación ou activistas vencellados ao Museo de Pontevedra colaboraron no proxecto.
Interpretar o camiño
O paseo do pasado ano en Cangas "partiu da figura de Jane para realizar unha lectura da vila. Tentamos ver como están conectados os diferentes barrios e como é camiñar entre eles e nos distintos tecidos urbanos", lembra Masaguer. O percorrido bordeou o Casco Histórico, percorreu estradas e visitou áreas desenvolvidas durante as últimas décadas. Segundo explica MartÃn Barreiro, arquitecto que participa da coordinación do evento, no traxecto "hai zonas de transición onde atopas edificios enormes dos anos 80 e 90 onda casas humildes do XIX. Aà é onde podes ver que a vila non é só o centro histórico. A chegada de novos proxectos e técnicas e os cambios sociais ocasionaron unhas tensións que se fan moi visibles. No entanto, continúan sen se resolver problemas importantes de accesibilidade e de estacionamento, fluxos de tráfico ou do xeito en que se relacionan estes novos tecidos urbanos co que xa existÃa".
Máis do que un roteiro
Para preparar o percorrido e as paradas "repartimos tarefas, elaboramos o plano e artellamos unha dinámica" que incluÃa unha certa teatralización do percorrido. Unha das colaboradoras interpretou unha Jane Jacobs que, sen falar, acompañaba os participantes. Co seu ollar e coa a súa cámara enriquecÃa a experiencia e apuntaba detalles nos que reparar. "Era un dos xeitos que tiñamos de orientar a ollada", lembra Masaguer. "O paseo dividiuse en tres partes. Primeiro faciamos un pequeno percorrido delimitado con paradas onde se observaba o espazo público e os camiños que conectaban a vila. Nunha segunda parte dividimos a xente en grupos que se tiñan que guiar cun mapa e chegar a un punto común", explica. A terceira parte da experiencia foi a recuperación simbólica dunha vÃa. "Era un antigo camiño que conectaba o casco vello cun aparcamento enorme. Hai pouco solicitámoslle ao concello que o limpase, e aproveitamos para percorrelo como final do paseo. Hoxe este camiño está aberto e a xente emprégao moito. Algúns ata lle chamamos Camiño de Jane". Arredor de setenta persoas participaron nesta iniciativa, que contou con apoio do concello para a impresión dos carteis. "A recepción foi moi positiva, e desde logo nós non contabamos con que viñese tanta xente", lembra Masaguer. "Moitos participantes descubriron rúas polas que non pasan, atallos que nunca empregaran e viron como se podÃa ir de un lugar a outro de xeito rápido. Tamén se reflexionou moito sobre o xeito no que o espazo para o coche come o espazo da vila".
Vindeiras citas
Compostela arrinca con forza esta actividade, e xa antes da cita de maio haberá un primeiro paseo con esta metodoloxÃa o vindeiro 25 de marzo. "Para facer algo antes e probar a fórmula imos ter un paseo polo barrio de Fontiñas", explica Ares. Na primeira fin de semana de maio será o barrio de Cornes o que acollerá a actividade. "Queremos facelo por esta zona da cidade porque pensamos que precisa non só unha intervención institucional senón tamén cidadá. É unha zona bastante descoñecida pola cidadanÃa compostelá e apetécenos dala a coñecer", explica Ares. Tamén en Cangas están xa a traballar para a vindeira edición. "AÃnda non sabemos se o faremos en Cangas ou en Moaña, xa o denominamos Paseo de Jane do Morrazo coa idea de camiñar a cidade difusa". adianda Masaguer.
Posibilidades
Para Barreiro, o mellor desta actividade "é facer ver espazos que non son recoñecidos e que se consideran como urbanismo bastardo. Lugares ao borde da vila ou casas que non aparecen nas fotografÃas coas que se identifica un lugar. No entanto son lugares nos que estivemos a construÃr nos últimos trinta ou corenta anos". Para el "o máis importante é que se fale das nosas vilas como son, que non se oculte unha realidade que mesmo é fermosa na súa heteroxeneidade e na súa problemática. Aà resulta moi interesante facer un roteiro para observar o noso pasado máis recente. Se non se comezan a aceptar estas zonas, non se fala de as mellorar". Do mesmo xeito, para Patricia Ares, o interesante desta iniciativa "é facer máis humana a cidade que habitamos. Gústanos vivir e gozar a cidade e coñecer a nosa veciñanza. Gústanos que os espazos públicos sexan o máis participativos posibles, que un parque sexa accesible para todos, que as mulleres poidan ir por el sen medo, que unha persoa cun can poida deixalo ceibo sen problemas e que unha familia con cativos poida gozalo. E quen di unha praza di tamén unha beirarrúa ou outro espazo público".