Fanse públicos os datos das consultas da Xunta ás familias sobre a lingua materna

Estes indicadores revelan unha maior presenza do galego que a apuntada polo IGE

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Mauro Fernández, catedrático de Lingüística Xeral da Universidade da Coruña acaba de presentar o estudo Los datos secretos del gallego y los límites de las políticas lingüísticas no que revela os datos das consultas que a Xunta de Galicia fixo ás familias sobre a lingua das súas crianzas. En concreto, trátase das series de 2009 e 2010 que ata o de agora non se podían consultar ao igual que o resto da enquisas deste tipo que realizar a administración. A teor destes datos, e tal e como recolle Praza nunha entrevista co autor, semella que a presenza da nosa lingua entre a primeira infancia é superior á que amosaban as análises do Estatuto Galego de Estatística.

Deste xeito, a análise de Fernández apunta que en todo o país un 21% dos cativos ten o galego como lingua inicial, fronte ao 16% que cuantifica o IGE. Por provincias, sería Lugo, cun 34,2%, a máis galeguizada nos primeiros anos, mentres Pontevedra, con só o 14,6%, presenta a pior situación para a nosa lingua. No entanto, o autor advirte que hai diferenzas entre as cifras dos dous anos que poden corresponder a efectos das polemicas sobre lingua no ensino que se deron no momento e aos chamamentos a boicotar as consultas. Ao tempo, chama á Administración a facer públicos os datos de todas as consultas.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os datos da resistencia

Os datos da resistencia

As últimas análises estatísticas revelan que o galego mantén máis vitalidade da que se pensaba

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGE, Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, Ensino...