O Día Europeo da Música dá a saída ao II Festival Martín Códax

Santiago acolle hoxe os primeiros concertos e coloquios do evento que se consolida

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A segunda edición do Festival Martín Códax de Música ao Vivo comeza hoxe coincidindo co gallo do Diá Europeo da música en Santiago de Compostela. Concertos nas rúas a cargo dos grupos gañadores nas diferentes categorías do certame do ano pasado e coloquios sobre diversos aspectos da industria musical encherán hoxe as rúas da cidade nunha xornada aberta a todo o público. A Praza de Abastos acolle ás 14 horas o concerto inaugural cunha sesión vermú do grupo De Vacas, gañadoras do III certame Premios Martín Códax na categoría de Coros e grupos vocais.

Pola tarde, a partir das 19:30 horas na praciña da Oliveira, terán lugar varios coloquios moderado por Aitana Cuétara, da xunta directiva de MAV (Músicos ao Vivo), arredor dos temas que interesan e preocupan ao sector musical. Patricia Hermida de MMF Spain (Music Managers Forum Spain) e Xurxo Piñeiro de MAV falarán sobre a nova Lei de Espectáculos; Xacobe Martínez Antelo, de MAV Compostela, guiará o debate sobre a situación da música ao vivo en Compostela; e por último, as xornalistas Rocío Castro de Sermos Galiza, Pilar García Rego da TVG, Belén Regueira da Radio Galega e Germám Hermida de Cultura Galega revisarán o tratamento que recibe a música galega nos medios de comunicación. E pola noite, ás 22:00 horas na Praza da Quintana, concerto de Foxy Freire e a continuación sesión de Croma, gañadores nas categorías de rock e electrónica respectivamente. En verán e outono o Festival continuará con citas en distintas localidades do país.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Festivais de Música

Ver serie completa
Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Do mesmo ámbito

Sons gañadores

Sons gañadores

Descobre como soan os grupos galardoados nos II Premios da Música Martín Codax

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con De Vacas, Santiago de Compostela, MAV, Pilar García Rego...