Sons gañadores

Descobre como soan os grupos galardoados nos II Premios da Música Martín Codax

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
As fillas bravas e Lucía Martínez na gala de entrega dos galardóns

As fillas bravas e Lucía Martínez na gala de entrega dos galardóns

O misterio resolveuse. Logo dun demorado proceso de votacións, os membros da Asociación de Músicos ao Vivo seleccionaron os quince gañadores dos Premios Martín Códax da Música. Son os mellores entre as 360 propostas que se presentaron a esta segunda edición. Descobre a qué soa o mellor do ano.

Foi unha gala marcada en boa medida polas mulleres, xa que foi presentada polas Fillas Bravas de Chévere e fechou cunha multitudinaria interpretación do Matriarcas de Guadi Galego. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía onte os actos de entrega dos Premios da Música Martín Códax, consolidados nesta segunda edición como os galardóns imprescindibles do sector. A estatuíñas realizadas por Víctor Lorenzo expresamente para os premios, e bautizadas xa como Os Melómanos atoparon os seus donos nun acto cun amplo seguimento e máis de setecentos asistentes. No evento houbo tamén espazo para a reivindicación e o voceiro de Músicos Ao Vivo, Xacobe Martínez Antelo, sinalou a necesidade de que "a empresa privada non vinculada ó sector cultural, sexa quen de investir en cultura, en música de proximidade, sen complexos, con orgullo, con intelixencia e con amor ó propio", ao tempo que reclamaba unha maior implicación das administración públicas na Cultura. Martínez Antelo anunciou tamén unha vindeira remuda da directiva da Asociación. Na listaxe de premiados, en liña coa anterior edición, verifícase un equilibrio entre nomes consagrados e novos valores en diferentes estilos musicais. Ademais, mantense unha importante presenza da música en galego entre os gañadores. Pop e indie: Ataque Escampe Ataque Escampe en Mega Rock: Cró Cró en Mega Blues, funk & soul: Cats and Monkeys Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá Sumrrá en Mega Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza Pisando el suelo que ves no web de Wöyza. Wöyza en Mega Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 Temas da Orquestra Vigo 430 no seu web Orquestra Vigo 430 en Mega Folque: Cuarteto Caramuxo

O Demo from Cuarteto Caramuxo on Myspace.

Muiñeira do Sapataso from Cuarteto Caramuxo on Myspace.

Invernía from Cuarteto Caramuxo on Myspace.

Michuca from Cuarteto Caramuxo on Myspace.

Cuarteto Caramuxo en Mega Música tradicional galega: Davide Salvado Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores Mónica de Nut en Mega Canción de Autor: A Cada Canto ACadaCanto en Mega Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc Pablo Díaz en Mega Electrónica: Sub Rosa Sub Rosa en Mega Metal: Nao NAO en Mega Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi Orquestras, grupos e música de verbena: Los Satélites Web de Los Satélites Premio Organistrum Salas: Aturuxo (Bueu) Premio Organistrum Festivais: Festigal Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Planeta Furancho Premio Honorífico Músicos Ao Vivo: N.H.U. Segundo apuntaba a organización, "O Premio Honorífico Músicos ao vivo deste ano 2014 ven a recoñecer a N.H.U., como proxecto musical avanzado ao seu tempo, aglutinador dunha xeración de músicos inquedos, inconformistas e entregados a un proxecto minoritario, underground e carente de referentes próximos. Músicos Ao Vivo valora a valentía, a ousadía e a fe dun grupo galego que trazou novas formas de facer música nunha Galicia recén saída da ditadura franquista. Con este recoñecemento, facemos xustiza, recuperamos memoria e ampliamos a nosa perspectiva como potencial musical, no espazo e no tempo. Parabéns a N.H.U.".
Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito