Os vindeiros Premios Martín Códax da Música contarán cun festival

Santiago de Compostela acollerá o evento entre os vindeiros 15 e 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais asinaba o convenio coa Asociación de Músicos ao Vivo polo que concreta a colaboración para botar a andar un novo festival. Entre os vindeiros 15 e 17 de outubro, Compostela acollerá a primeira xeira do Festival Premios Martín Códax da Música. Este evento, que fai parte do programa das terceira edición dos Premios da Música Galega, achegará actuacións de grupos e solistas premiados nas anteriores convocatorias deste evento. Ademais dos concervos, no programa incluiranse encontros profesionais, coloquios e diferentes accións promocionais. A Asociación de Músicos ao Vivo adiantou que en vindeiras datas dará a coñecer as bases da nova edición dos premios, para a que adiantan novidades.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Martín Códax da Música, Santiago de Compostela, Axencia Galega das Industrias Culturais