Os Premios Martín Códax da Música medran na súa terceira edición

Contarán cunha nova categoría e ábrense a grupos de fóra de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
Os Premios Martín Códax da Música medran na súa terceira edición

Mellor Proxecto Galego de Coros e Música Vocal é a nova categoría que incorporan os Premios Martín Códax da Música. A Asociación de Músicos ao Vivo presentaba esta mañá a nova convocatoria destes galardóns, que estrean calendario ao se celebrar en primavera e que chegan así a 16 categorías musicais ademais de 3 Premios Organistrum para recoñecer o labor de salas, festivais e espazos de comunicación musical e mais o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo. A nova edición do certame, que ten aberto o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 29 de febreiro, ábrese ademais a grupos de fóra de Galicia que canten na nosa lingua e para aqueles cuxo repertorio sexa maiormente de raíz galega.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Martín Códax da Música