O festival O Son do camiño ven de colgar o cartel de "Todo vendido" no que respecta aos seus abonos para os tres dÃas. Milleiros de persoas estiveron está mañá pendentes da cola virtual para acceder á venda de abonos do Festival O Son do Camiño, que se celebrará en Santiago o vindeiro 28 de xuño. O tremendamente atractivo prezo de venda inicial (39€) incentivaba aos posibles compradores a facerse coa oferta restrinxida a 2000 abonos canto antes. Os prezos das ofertas seguintes, que Ãan aumentado de 10 en 10 euros ata os 79 euros finais non botaban atrás á xente que vÃa que se seguÃan esgotando en cuestión de segundos. Pasara pouco máis dunha hora cando desde a organización confirmaban a venda de 15.000 abonos coa que os prezos promocionais desaparecÃan, quedando só á venda 5.000 abonos a prezo definitivo a 79€ que tamén se esgotaron en pouco tempo. En total a venda destes 20.000 abonos supón 1.250.000 euros para o festival. As posibilidades do recinto do Monte do Gozo, que pode acoller 24.000 persoas, quedaron moi escasas para un cartel destas caracterÃsticas con grandes estrelas de tirón internacional como Lenny Kravitz, The Killers. Jamiroquai ou Franz Ferdinand entre outros. Desde a organización trasladaron o seu agradecemento pola acollida que superaba as súas expectativas e lamentaron que houbese moita xente que se tivese quedado sen abonos "xa que a demanda foi moi superior ao aforo á venda", aseguraron nun comunicado. "Antes das dez da mañá, xa habÃa miles de persoas conectadas á web do festival agardando para comprar o seu abono", din desde a organización de O Son do Camiño. O festival anunciará proximamente a distribución de artistas por dÃa (xa está confirmado que Lenny Kravitz actuará o 28 e probablemente The Killers o fagan o 29 de xuño) e sacará a venda as entradas diarias ata completar o aforo do recinto, que xa se prevé completamente cheo.
Segundo afirma a organización do festival, dos 20.000 abonos vendidos, un 50% adquirÃronse en Galicia mentres que o 40% compráronse desde o resto das Comunidades Autónomas do paÃs. O 10% restante dos abonos, arredor de dous milleiros, foi adquirido fóra das nosas fronteiras desde ata 12 paÃses distintos. Sobre o proceso de venda de entradas, desde a organización resaltas que as dificultades foron debidas a que a demanda superou nun 400% á oferta de abonos e que no sistema de despacho vÃa web as colas virtuais forman parte natural dun proceso de compra destas caracterÃsticas. Ademais desde a Organización de O Son Do Camiño desmiten ter reservado ou dirixido parte deses abonos ao mercado secundario, onde xa está a producir a reventa a prezos que chegan a superar os 200 euros. As empresas promotores amósanse rotundas na súa posición contraria a esta situación na que recoñecen un grave problema a nivel nacional e polo que desde dentro da Asociación de Promotores Musicales da que forman parte, se está a estudiar interpoñer accións legais ante estes casos.