O festival O Son do Camiño ven de presentar o peche do seu cartel e a distribución por dÃas do mesmo, ademais de poñer data e hora para a saÃda á venda das entradas diarias. Sete novas incorporación artÃsticas veñen sumarse e completar o cartel do evento, entre elas Terbutalina representa á escena musical galega e son de destacar tamén os nomes do Dj produtor belga Lost Frequencies, o de Residente, fundador e vocalista de Calle 13 e desde Brasil a bnada de rock Republica. Tamén se engade o Dj holandés Don Diablo, os madriñenos Sexy Zebras e a banda mallorquina L.A. Na distribución por dÃas os cabezas de cartel quedan como segue: The Killers estarán na primeira das xornadas xunto con Franz Ferdinand, Lost Frequencies, Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia e BALA entre outros o dÃa 28 de xuño; o seguinte dÃa 29 será a quenda dos británicos Jamiroquai e de Two Door Cinema Club, Malandrómeda, La M.O.D.A. e Furious Monkey House; Lenny Kravitz actuará na xornada de peche o sábado 30 onde se negade agora a Terbutalina e na que tamén están, entre outros, León Benavente, C.Tangana, Novedades Carminha e Eladio y los seres queridos. As entradas de dÃa sairán á venda o vindeiro mércores 18 ás 10:00 da mañá ao prezo de 39 € + gastos cada unha na web do festival e Ticketea. A organización informará de tódolos detalles sobre o proceso de compra a vindeira semana.