O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira

O Derrame Rock abandona Ourense por Xixón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Cultura Quente colle forzas na súa nova xeira

O pasado verán resucitaba logo de tres anos en silencio, e agora amosa a súa intención de volver a ser un referente no circuíto de festivais. A organización do Cultura Quente de Caldas daba a coñecer estes días o cartel do evento para este 2016. Un programa de dous días (un máis do que en 2015) no que visitarán a carballeira da vila Los Enemigos, Supersuckers, Marky Ramone, Ilegales, El Drogas, Siniestro Total, The Soul Jacket, Havalina e Agoraphobia. Como novidade, a recadación das cotas por acampar irá integramente destinada aos refuxiados sirios.

En paralelo, o Festival Derrame Rock acaba de anunciar o cartel da súa vindeira xeira que se celebrará en Xixón. Desacordos entre a organización e o actual goberno local de Ourense levaron a que este veterano evento abandone o noso país logo de cinco edicións a se desenvolver na Cidade das Burgas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Festivais de Música

Ver serie completa
Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Do mesmo ámbito

Ano dous da romaría 'indie'

Ano dous da romaría 'indie'

O segundo PortAmérica de Caldas colga o cartel de completo en dúas das tres xornadas na carballeira

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cultura Quente, Rock, Ourense, Xixón...