O Derrame Rock fecha cartel mentres Cultura Quente fica sen concertos

Rianxo presenta a súa Rede de Músicas Soltas para 2013

18/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxe da Rede de Músicas Soltas 2013

Un total de 34 grupos visitarán Oira o vindeiro mes de xuño na edición deste ano do Derrame Rock, que se presentou esta fin de semana. Con Los Suaves como anfritións, Agnostic Front (NY), Mojinos Escocíos, Def Con Dos, Reincidentes, La Pegatina, Narco, Lendakaris Muertos ou El Reno Renardo participarán no encontro, entre moitos outros. Fronte a esta abundancia de grupos, o Cultura Quente de Caldas recuncará de novo este ano nunha edición na que non haberá concertos. A crise apúntase de novo como responsable do decline dunha cita que se consolidara como unha das principais do verán galego.

Pola súa banda, a Central Folque anuncia a celebración en Rianxo do ciclo Rede de Músicas Soltas, que se desenvolverá desde abril ata o vindeiro mes de novembro e que achegará un concerto ao mes no auditorio local. Sérgio Tannus Trio, Davide Salvado ou Fred Martins e Ugia Pedreira participan no encontro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Cultura Quente, Rianxo, Caldas...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares