O festival Orixe Candante dinamiza Caldas

Transcorre entre o 1 e o 10 de xuño e integra o VII festival Zero Rock

25/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

Cartel do Zero Rock 2012

A falta do festival Cultura Quente, que se suspendeu este ano, Caldas de Reis non fica queda no verán. A asociación local Zona Afectada acaba de anunciar o programa do festival Orixe Candente, un evento que se desenvolverá entre o 1 e o 10 de xuño e que encherá a vila de actividades. Cine, concertos de cantautores, exposicións de música e fotografía ou unha feira gastronómica son algunhas das propostas do evento. No seo do Orixe Candente celebrarase tamén, o 2 de xuño, a VII Edición do festival Zero Rock, que ten a Lagartika Nick e a No band for Lluvia como cabezas de cartel.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caldas, Rock, Fotografía, Reis...