O emblemático programa cultural de verán da vila pontevedresa de Caldas de Reis non renuncia este ano a levar a cabo a súa 23ª edición e ven de presentar un programa de actividades apostando claramente pola creatividade dos artistas locais para fornecer unha musculosa oferta cultural acorde coa traxectoria do Cultura Quente. Coa evidente ausencia do cancelado festival Portamérica e todas as súas actividades complementarias, entre o 16 de xullo e o 22 de agosto diferentes espazos da vila acollerán eventos deseñados para adaptarse á normativa actual cun programa que se divide en 5 bloques: Música da escola; Son Cileno; Vermú de Domingo; Brincadeira e o xa coñecido Kaldarte. Unha sesión de Contacontos para adultos a cargo de Ángeles Boás abrirá o program o 16 de xullo.
O primeiro destes bloques estará protagonizado artistas da Escola Municipal de Música de Caldas de Reis que cada xoves levarán a cabo concertos instrumentais en diferentes rúas da vila. Para as fins de semana serán ata sete bandas e músicos da localidade os que actuarán en diferentes prazas todos os venres e sábados. Cada domingo mentres este Cultura Quente grupos de gaitas, fanfarrias e charangas e xigantes e cabezudos desfilarán en pasarrúas ao mediodía. Brincadeira dálle nome ao apartado deportivo do programa estival, coa celebración de actividades deportivas diversas para nenos e fitness para adultos. Por último, o Cultura Quente integrará a mostra de arte urbano Kaldarte 2020 e unha exposición de fotografía no Auditorio Municipal. As actividades contarán cun límite de capacidade, polo cal será precisa unha inscrición previa para os actos de Brincadeira. O resto de eventos contarán con entrada libre ata que se complete o límite previsto de público permitido en cada espazo.