A alianza que este ano ten lugar entre o Festival Cultura Quente de Caldas de Reis e o Festival portAmérica, que este ano deixa Nigrán para celebrarse na carballeira de Caldas, empeza a demostrar o seu deseño de programa conxunto. O Cultura Quente ven de presentar as actividades que o conformarán desde o 3 de xullo ata o dÃa 15. A participación e implicación activa do público e da sociedade local a través de obradoiros será unha das maneiras máis importantes de desenvolver o festival . Asà haberá obradoiros de graffiti, beatbox, breakdance, actividades para o fomento da Igualdade no Centro de Información da Muller, a mostra Cultura do Viño D.O. RÃas Baixas, un concurso de cata das bodegas participantes, encontros de bandas de gaitas ou bandas de música, un curso de iniciación ao Clown e continuará o veterano proxecto de arte público Kaldarte desenvolvido polos alumnos da Facultade de Belas Artes. Tamén haberá un dÃa para a presentación de varios proxectos con carácter artÃstico sobre a actividade musical xurdidos do Curso de Industrias Culturais organizados pola Fundación Paideia nas que participan 22 proxectos. Como novidade este ano Cultura Quente acollerá unha actividade de reflexión sobre a evolución da gastronomÃa cun formato de mesas de opinión e debates a cargo de grandes nomes da cocina e representantes doutras partes da cadea alimentaria profesional .
A parte gastronómica, que é un dos distintivos do Festival PortAmérica, tamén ven de ser desvelada para este evento que ocupará os catro últimos dÃas do Cultura Quente, entre o 13 e o 16 de xullo . O compoñente gastronómico deste festival, o ShowRocking, estará un ano máis coordinado polo cociñeiro Pepe Solla. O ShowRocking bautizado nesta ocasión especial como Cociñando na Fin do Mundo o conformarán un nutrido grupo de chefs internacionais procedentes de Latinoamérica e contará con ampla representación galega. O xoves 13 abrirá este espazo unha selección do prestixioso Grupo Nove aos que tamén se irán engadido no resto dos dÃas cociñeiros emerxentes como é o caso de Pablo Pizarro (Bocanegra, A Coruña), Alberto Lareo (Manso, Santiago) ou do caldense Jorge Gago (A Maceta, Santiago), recentemente recoñecido co Premio Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico de A Coruña. Eles cociñarán xunto a chefs xa coñecidos como Roberto Ruiz (Punto MX, Madrid), Estanis Carenzo (Chifa, Madrid), Edgar Núñez (SUD777, México DF) o Javier Estévez (La TasquerÃa, Madrid). AÃnda faltan nomes por confirmar para esta edición no partado gastronómico. Mentres, no apartado musical PortAmérica ven de engadir ao nutrido grupo de artistas que xa coñeciamos do seu cartel dúas novas achegas: Nikki Hill (USA) de St Louis (Missouri) e a banda peruana de folk-pop psicodélico Kanaku y el Tigre.