Comeza en Caldas o festival eurorrexional Orixe Candente

Dez días de actividades culturais e obxectivos solidarios con música e poesía

18/8/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

En Caldas de Reis comeza hoxe o festival Orixe Candente, un evento de particulares características que reúne actividades culturais, lúdicas e deportivas con fins solidarios engadidos. Orixe Candente é unha programación eurorexional, cultural e solidario que pretende achegar á comunidade diversas manifestacións artísticas e culturais relacionadas coa música, a arte ou a literatura, todas as actividades son de balde. Como parte da súa faceta máis solidaria o festival activa unha campaña de recollida de alimentos como forma de “pagar” a entrada en colaboración cos Bancos de Alimentos máis cércanos. Esta é a cuarta edición do festival organizado pola asociación Zona Afectada, en colaboración con hosteleiros, comerciantes e o concello de Caldas. Ata o día 28 tamén haberá momento para a música tradicional, a poesía, o rock e varias actividades artísticas así como mesas redondas. Entre as actuacións musicas destacan 2na fronteira, Mathew Ward, The Lakazans, Poetarras, Cora Sayers entre outros.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caldas, Poesía, Reis, Rock...