Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015

O Festival Candeloria celebra a súa segunda edición en Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015

Logo de tres edicións sen música, o festival Cultura Quente de Caldas voltará a ter concertos na súa edición de verán de 2015. O alcalde e a concelleira de Cultura da vila anunciaron o pasado sábado a volta á música da que fora unha das citas máis coñecidas do panorama independente en Galicia. O Concello prevé achegar 60.000 euros a este espectáculos, que coordinará a asociación Radio Caldas e que poderán contar con outras fontes de financiamento.

Antes da cita de Caldas, Lugo acolle estes 27 e 28 de febreiro o Candeloria, un evento que medra espectacularmente na súa segunda xeira e pasa de se celebra no pub Clavicémbalo a ocupar o Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. O evento contará coa presenza de grupos como Boikot, Nao, Terbutalina, Habeas Corpus, Ruxe Ruxe ou Sokram e inclúe tamén música na rúa, cantos de taberna ou xogos populares no seu programa.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caldas, Cultura Quente, Lugo, Exposicións...