“Cultura Quente-Dobre Lectura” é o nome dunha nova edición do Festival que ten lugar no concello de Caldas de Reis. Non se trata dun evento máis, senón dunha especie de caixón de xastre no que cabe todo: arte, espectáculos, concertos, taichi… os habitantes de Caldas agradan durante todo o ano por un evento que é máis coñecido que as súas festas patronais.
Hai oito anos, o Concello de Caldas deseñou un evento para o verán para conter as migración masivas da xente cara a praia. A aquel evento chamóuselle Cultura Quente, e inclúe desde concertos ata obradoiros, que estaban pensados tanto para grandes como para pequenos. Non era só un festival para organizar concursos, espectáculos ou xogos era un proxecto de dinamización local, para implicar á sociedade e a todos os veciños.
Organización
Celina Regueira, técnica de cultura do concello de Caldas, asegura que “nas primeiras convocatorias, o obxectivo inicial era abrir o debate, chamar á xente a un consumo de productos culturais ao que non estaba afeito”. Pero logo de oito anos, esa primeira etapa está completamente superada. Agora, o formato do festival está consolidado e todos, de grandes a pequenos están encantados co programa. “Todo o mundo está desexando que comece o Cultura Quente, pero non só os pequenos polos os obradoiros, ou os mozos para os concertos, senón tamén os maiores”. Deste xeito Celina explica a relevancia social que ten un evento que tiña un obxectivo prioritario dinamizar a sociedade.
Cultura Social
“O obxectivo xeral de Cultura Quente, explica Celina, é de desenvolvemento local”. E iso non implica traer máis turistas, que sempre reactivan a vida desde o punto de vista económico e social da comarca, senón conseguir implicar todos os habitantes da zona, facendo que participen en actividades conxuntas, que saian ás rúas e acheguen o súe gran de area. A táctica funciona porque Celina, que leva na organización desde a primeira edición recoñece que “cada ano vese un aumento de participación tanto nas actividade concretas como nas asociativas e de entidades privadas e mesmo de voluntarios”.
Arrimar o hombreiro
Despois de oito anos o Cultura Quente supuxo un cambio de inflexión no asociacionismo. Celina lembra que “antes habÃa unha asociación cultural importante e pouco máis pero non habÃa un asociacionismo relevante, pero hoxe xa é moi vistoso”. Dunha única asociación cultural, hoxe Caldas conta con máis sociedades deste tipo, asà como un equipo de voluntarios que cada ano pretenden mellorar a organización do festival. Por iso as cifras do Cultura Quente non paran de medrar. Aumentou o número de concertos, a participación dos veciños e a afluencia dos turistas. O evento é cada vez máis coñecido e mais internacional grazas a unha fórmula que soubo combinar nomes moi populares (nesta edición do festival está, entre un nutrido grupo de artistas, Rinôçérôse. Def Con Dos, La Mala RodrÃguez, The Gift) e todo completamente de balde.
De feito, a resposta da cidadanÃa foi tan boa que, aÃnda que a iniciativa segue a ser do concello cada vez máis asociacións e entidades que ofrecen o seu gran de area para organizar algunha das actividades. Se hai algo que caracteriza este evento é que é un proxecto colectivo no que todos son importantes. Desde o concello están implicadas varias concellerÃas. Celina enumera desde Cultura, ata Deporte pasando por Servizos Sociais ou Medio Ambiente, porque como ela asegura “todos son precisos para que o evento marche a bo ritmo”. Con respecto ás asociacións asegura que “hai actividades que organizan directamente e vanse implicando cada vez máis”.
Dobre lectura
Cada ano este festival ten un discurso propio. Un tema sobre o que xira todo o evento e que implica a todo o mundo. Celina Reguera explica porqué esté ano o lema é “Dobre lectura”. “Elexiuse dobre lectura porque hai moitas celebracións literarias e pola importancia da lectura. E fai un xogo de palabras. Por un lado anima a ler o dobre e polo outro fai referencia a ir en contra do pensamento único”. Sobre este tema xiran moitas das exposicións como “Imaxes para Ler” (coa colaboración da Fundación Germán Sánchez Ruipérez que ofrece diferentes carteis de campañas de animación á lectura) ou “Alta Lectura” (elaborada exclusivamente polo concello de Caldas) na que colgan carteis nunha rúa do casco histórico con citas extractadas do Quixote e frases doutros autores sobre a obra Cervantina.
Pero non é o único evento vencellado á “Dobre Lectura”, a exposición artÃstica “Kaldarte” tamén está relacionada co tema da dobre lectura. Son instalación artÃsticas na rúa que fixeron alumnos de Belas Artes e algún profesor que presentan os seus proxectos e que xa sentaron poso no festival.
Cultura Quente é un festival non só polo número de obras que presenta, polo número de actividades que organiza nin pola cantidade de xente que é capaz de atraer a Caldas, senón porque todos os habitantes da comarca fan posible que este evento se celebre ano tras ano.