Xullo é un mes alternativo en Caldas. Desde hai xa seis anos o festival Cultura Quente transforma a cidade durante varias semanas inzándoa de actos de solidariedade e de dinamización cultural. Asociacións, organizacións non gobernamentais, concertos, obras artísticas e todo tipo de accións danse cita na vila. Este ano, o eixe do encontro é a importancia da toma da rúa e da protesta, co lema Manifestacción.
` hai cinco anos. Ata entón os veráns en Caldas non diferían dos de moitas outras vilas. Entón xurdiu no concello a idea de facer Cultura Quente un espacio alternativo para promover a idea de cultura viva, comprometida e participativa, sinalan desde a organización. O nome fai por unha banda referencia ás termas que lle dan nome á vila e pola outra á idea de cultura viva que guía o festival. Naceu entón un punto de encontro para asociacións, organizacións non gobernamentais (ONG) e colectivos de todo tipo, mesturados con concertos, intervencións artísticas, mercados ao aire libre e accións solidarias. Ademais, quería servir de encontro entre manifestación culturais tradicionais e novas formas de expresión e, por se fose pouco, facer todo isto involucrando os propios veciños da zona.
A edición 2003 de Cultura Quente artéllase arredor do concepto de Manifestacción.
Segundo explica Celina Regueira, unha das coordinadoras do encontro, con este lema téntase poñer un pouco en alza a resposta social da xente que saíu á rúa por un monte de cuestións e apoiar todo ese movemento. A conexión coa actualidade no festival continúa viva. Se o ano pasado o lema Promoción Humana se preocupaba pola problemática dos dereitos humanos, no anterior, Cultura sen Papeis facíase referencia directa ao problema da emigración. Agora, como non podía ser menos, o Prestige e o Non á guerra centrarán o evento.
Vindo de fóra
O éxito da iniciativa foi inmediato, o que revelou a necesidade que había no país dun foro deste tipo. Desde entón o festival non fixo máis que medrar. Máis que ceder un espacio para que a xente estea cun posto amosando o seu traballo, o que tentamos é contactar con colectivos que queiran vir facer actos, apunta Celina Regueira. Deste xeito conséguense exposicións, presentacións de libros e diferentes actividades. Un exemplo é, nesta mesma edición, a mostra Navegando entre culturas, posta en marcha pola ONG Jóvenes del Tercer Mundo. Dun xeito semellante funciona, desde o nacemento do festival, Kaldarte. Trátase dun encontro artístico no que estudiantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra realizan intervencións efémeras en Caldas, sempre seguindo o fío conductor de cada ano. Desta volta, e seguindo a filosofía da Manifestacción, as intervencións, co título de Índice expurgatorio sinalarán temas tan candentes coma a catástrofe do Prestige ou as mobilizacións contra a guerra do Irak a través das súas obras.
Concertos
Un dos eixes do Festival Cultura Quente son, desde o comezo, os concertos. A partir dos grupos alternativos, e, en certo xeito, minoritarios, que acudían ás primeiras edicións, o cartel foi mellorando ano a ano ata chegar a figuras internacionais da sona de Sepultura, que visitará a vila das termas nesta edición. Do mesmo xeito, a cantidade de público foise incrementando ata reunir unhas dez mil persoas na edición do ano 2002. A lista de grupos que se achegaron a este encontro é longa e significativa da orientación do festival. Hip-hop, rock galego, metal... Desde Os Diplomáticos a Hamlet pasando por Söber. E este ano, canda a Sepultura, Tonino Carotone, Mastretta, Kannon ou Jet Lag entre moitos outros. Son estes actos os que consomen a maior parte do orzamento con que conta o festival, que chegou nesta edición do ano 2003 aos 120.000 euros.
Desde dentro
A outra grande aposta de Cultura Quente, a de involucrar á poboación, tamén se vai cumprindo. Unha grande parte do traballo de organización do festival, mesmo ao nivel de pegar carteis ou enviar cartas, desenvólvena un grupo de vintecinco voluntarios, de entre dezaseis e vinte e poucos anos, que se agrupan co nome de Os Quentiños. Ademais, a maior parte das asociacións que existen na vila colaboran, dun ou doutro xeito, na organización e en distintas actividades do festival como poden ser as actuacións de grupos de música e baile tradicional da zona. A organización tamén se preocupou cada ano de crear un espacio, Localdense, para que os creadores da vila puidesen amosar os seus traballos. Deste xeito, e segundo aseguran desde a organización, o festival estase asentando entre a xente de Caldas, xa non só como un conxunto de espectáculos ou actividades, senón como un xeito de participación na vida social.