Caldas terá este ano unha nova edición do Cultura Quente

A achega do concello baixará de 132.000 a uns 60.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Definiuse como un espazo aberto á interdisciplinaridade, con achegas de todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas. Por iso, o concello de Caldas acaba de asegurar a continuidade da décimo quinta edición do Festival Cultura Quente. Con todo, o alcalde asegura que terá “un profundo recorte” de fondos. Tal e como publica hoxe Diario de Pontevedra, sábese que a partida que destinará o concello ao festival baixará dos 132.000 euros de 2011 a uns 60.000 euros. Esa cifra condicionará o formato do festival, se será xestionado polo concello ou sacará a licitación da súa celebración (a produtora Esmerarte, era a organizadora do encontro desde 1998). “Serán menos grupos pero con actuacións os dous días” publica o citado medio que tamén explica cales son, para o alcalde local,os piares básicos: os concertos de rock, a exposición de arte efémera Kaldarte e a feira do albariño Mostra do Viño.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cultura Quente, Caldas, Feira, Rock...