O Auditorio Mar de Vigo volve a mans do Concello

Non se coñecen aínda os plans de xestión deste espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O goberno de Vigo adoptou o acordo de liquidar por 35,2 millóns a concesión de obra pública para a construción e explotación do Auditorio Pazo de Congresos e das súas zonas complementarias. A empresa concesionaria declarouse en concurso de acredores en 2016 e estaba en liquidación desde 2017, o administrador concursal estimara o valor de liquidación de todo o inmoble, que reúne o auditorio, hotel, aparcamento, oficinas da UNED, restaurante e baixos comerciais, en 74,5 millóns, pero o Concello encargou un informe independente a un auditor, que arroxa un importe de liquidación de 35,2 millóns de euros, explicou o alcalde. O goberno de Vigo prevé a venda dalgúns dos activos adquiridos, como por exemplo o hotel ou os baixos comerciais. Mentres que o alcalde asegurou que o auditorio cultural que se inaugurou en 2011 non será obxecto de venda e que dará beneficios pero non especificou se sairá a unha nova concesión ou será xestionado desde o Concello se ben asegura a propiedade pública do auditorio no futuro: “O espazo cultural é un ben público e o será sempre", dixo.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio Mar de Vigo, UNED

Claves

Lugares