En ningunha das trece edicións anteriores se cobrou por asistir aos concertos do Festival Cultura Quente, que se celebra cada mes de xuño en Caldas. Pero este ano será diferente, o concello de Caldas aprobou esta medida que implica que a entrada diaria custará 15 euros e o abono completo para os dous dÃas 25. Os grupos confirmados ata o momento son Klaxons, Standstill, Delorean e El Columpio asesino para venres 22; mentres que Kim Jones Revue, Ok Go!, David Fonseca e FM Belfast para o sábado 23. Hai grupos como The Undertones, Deer Tick e Dawes que teñen confirmada a súa presenza pero sen data. A festa de presentación do festival, o vindeiro mércores 15 na Fábrica de Chocolate (Vigo) sà que será de balde.