O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes

O festival coruñés celebrarase o 9 e 10 de agosto

4/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Aínda que a cabeza de cartel do Noroeste Pop Rock, o festival que se celebra na praia de Riazor (A Coruña), será o grupo británico Suede. No evento tamén participarán artistas como Kiko Veneno ou Los Enemigos, pero a novidade deste ano será no apartado do concurso musical, ao que están convidados grupos de pop e rock galegos. Tras unha fase de preselección, os grupos preseleccionados deberán actuar o 15 e 16 de xullo na Sala Túnel do Coliseum ante o público (entrada de balde con convite). O xurado valorará en gran medida o directo dos grupos. O Noroeste Pop Rock celebrarase os días 9 e 10 de agosto.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rock, Riazor, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares