O Festival Noroeste Estrella Galicia entra nas grandes citas musicais do verán

O evento da Coruña refórzase en contidos internacionais e como escaparate de artistas galegos

19/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
40 lecturas | Compartido 0 veces

O Festival Noroeste Estrella Galicia, antes Noroeste Pop Rock, ven de pechar e presentar o cartel da súa 30 edición coa confirmación de bandas da talla de Ocean Colour Scene, Freedonia e Triángulo de Amor Bizarro, que tocarán xunto a Editors no escenario da Praia de Riazor a fin de semana. Atrás quedaron edicións nas que tanto o contido como a propia existencia do festival estiveron en dúbida. Do 2 ao 7 de agosto, a gran cita musical coruñesa acollerá un total de 60 concertos de balde en nove escenarios urbanos da cidade. Máis da metade da súa programación, 38 das 60 bandas confirmadas, correrá a cargo de artistas galegos, converténdose nun gran escaparate da música galega independente e de calidade e confirmando a aposta do Goberno Municipal por apoiar e visibilizar aos artistas locais e dando un paso adiante en reforzar este festival como aposta de ocio cultural no verán coruñés.

Nomes como os de Julián Maeso, Lagartija Nick, Carmen Boza, Sex Museum, Niño de Elche, Neil Halstead, Howe Gelb, Niña Coyote eta Chico Tornado ou The Capaces completan un cartel ecléctico que en 2016 aposta pola diversidade e a calidade dos concertos. O 30 Noroeste Estrella Galicia ofrece ao público durante seis días de máis de 100 horas de directos. O Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerá unha fórmula mixta para o acceso aos espazos con aforo limitado -o Castelo de Santo Antón, con capacidade para 600 persoas, e a Igrexa das Capuchinas, cun aforo de 200 espectadores-, con sorteos para fans das bandas a través das redes sociais do Noroeste. Un total de 60 bandas e artistas inundarán de música nove escenarios espallados por sitios emblemáticos da cidade.


Festivais de Música

Ver serie completa
14/06/2018

Dez festivais de verán entran na posta en marcha da marca Fest Galicia

O programa da Xunta busca crear un selo de calidade profesional nos festivais do territorio

31/05/2018

Agadic crea un programa de marca conxunta e impulso para os festivais de música

Fest Galicia está pensado para apoiar ao sector profesional da produción destes eventos

28/05/2018

Desaparece o Festival V de Valarés de Ponteceso

As presións medioambientais e outras trabas sepultan o evento que celebraría este ano a súa XIIª edición

01/03/2018

O Son do Camiño esgota 20.000 abonos en dúas horas

As vendas virtuais para o festival desbordáronse mentres os prezos ían crecendo

27/02/2018

O patrocinio de O Son do Camiño levanta protestas

A asociación de empresas musicais e os partidos da oposición reclaman máis transparencia

20/02/2018

Seis festivais galegos son finalistas nos Iberian Festival Awards

O XIIº Resurrection Fest de Viveiro acada oito candidaturas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estrella Galicia, Triángulo de Amor Bizarro, Pop, Rock...