O Festival XI Revenidas de Vilaxoán celebrarase nesta localidade arousá entre o 22 e o 24 de agosto, pero xa teñ gañador do II Concurso de Grupos Emerxentes. Será o grupo de Ames Biribirlocke, unha banda de rock con influencias do ska e uso de instrumentos de vento. Ademáis do premio en metálico, a banda tamén participará na programación do Festival.