Chega o Revenidas das medras

O festival de Vilaxoán encara este 21 de agosto a súa edición con 25 grupos

17/8/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de que o pasado ano se chegase a dubidar da súa continuidade, o festival Revenidas de Vilaxoán chega a este 2015 cunha aposta ambiciosa. Nada menos que 25 grupos, entre eles nomes de referencia a nivel estatal como SOJA o ZOO compoñen un cartel que se desenvolverá entre o 21 e o 23 de agosto vindeiros. La Raíz, Banda Bassotti, Heredeiros da Crus, NAO, Spin Te Ku, Terbutalina, Swingdigentes ou Rulassie Selektha compoñen un cartel variado no que o Reagge ten un lugar especial e onde predominan os grupos galegos. A contar con tres escenarios e integrado nas festas de San Roque de Vilagarcía, o evento non deixa de lado a súa xa habitual sardiñada, e contará tamén cun mercado ademais de celebrar a gala solidaria co pobo saharaui.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Revenidas, Nao, Terbutalina, Heredeiros da Crus...