As Revenidas trasládanse a agosto cun cartel centrado no Bravú

O Festival de Vilaxoán celebrarase entre os días 22 e 24

16/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Vilaxoán celebrará finalmente a XI edición do Revenidas. Logo de demoradas negociacións co Concello de Vilagarcía os últimos meses, o evento traslada as súas datas para agosto, e celebrarase entre os días 22 e 24. A xeira deste ano conta a peculiaridade de se centrar no vinte aniversario do Rock Bravú, e presenta un cartel de grupos galegos entre os que se contarán os principais nomes deste movemento. Con actuacións aínda por fechar, está xa confirmada a presenza de Os Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Ulträqäns, Rastreros, Leo e Arremecaghona ou Terbutalina entre outros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bravú, Revenidas, Rock, Concello de Vilagarcía...