O Festival Revenidas convoca para setembro a súa vindeira edición

O evento mantén a súa localización en Vilaxoán

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival Revenidas convoca para setembro a súa vindeira edición

De xeito independente á crise do Coronavirus, aínda que pendente de como se desenvolva esta, o Festival Revenidas muda as súas datas. A vindeira edición do evento trasládase de mediados de agosto aos días 11,12 e 13 de setembro. A organización apostou por este cambio para evitar a competencia de citas musicais que se daba nas datas orixinais. O que se mantén no entanto, malia aos debates que se sucederon nos últimos meses co goberno de Vilagarcía, é a localización do evento, que continuará como ata o de agora a se desenvolver en Vilaxoán. A organización presentou xa a imaxe da nova edición, sen adiantar polo momento os nomes que comporán o cartel.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Revenidas, Vilagarcía

Claves

Entidades
Lugares