Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian e Nancys Rubias estarán no cartel da undécima edición do festival do Norte que se vai celebrar en Vilagarcia os dÃas 27 e 28 de abril. Esta será a primeira actuación de Los Enemigos na súa volta aos escenarios e a organización segue a traballar para incorporar nomes aos carteis dos dous dÃas. A viabilidade dunha nova edición do Festival do Norte estaba en dúbida ante os recortes orzamentarios previsibles este ano nas achegas das administracións públicas local e autonómica ademais de nos patrocinios. O mes pasado sóubose que o Concello de VilagarcÃa decidira recortar a súa achega económica pasando dos 60 mil euros da edición de 2011 a 24 mil euros para este ano o que puxo en cuestión a posibilidade de contar con grandes bandas internacionais. As entradas venderanse a un prezo de 30 euros o abono, 5 euros menos que na edición anterior. En 2011 13.339 persoas pasaron polo Festival do Norte, que ademais de concertos inclúe outras actividades paralelas.