O Festival do Norte ameaza con deixar Vilagarcía

O Concello retirou a subvención nominativa da que gozaba o evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Concello de Vilagarcía non incluíu este ano o Festival do Norte na súa lista de subvencións directas. Segundo o concelleiro de Cultura, Francisco González, a intencion do consistorio é coñecer polo miúdo os proxectos da organización do evento antes de consignar unha contía concreta, no lugar de outorgarlle unha subvención previa fechada e nominativa. Os responsables do evento, unha das citas musicais de referencia do verán galego, anunciaron que de perderen o apoio económico do concello, trasladarían o festival. O evento xa víu diminuír en preto dun 50% a achega municipal na súa última edición.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vilagarcía

Claves

Lugares