A MOTI, Mostra de Teatro Infantil de Ourense, non celebrará a súa XIX edición, prevista para o vindeiro mes de decembro. Segundo anunciou a organización, a retirada do apoio económico que a Universidade de Vigo prestaba ao evento impide a posta en marcha do programa. O pasado ano, o Concello de Ourense tamén cesara a súa contribución ao proxecto, o que xa puxera en perigo a continuidade da MOTI.
Segundo anunciou en Facebook Fernando Dacosta, director do proxecto, "a MOTI non pode realizarse por falta de apoios. O maior era o do Concello de Ourense, a Mostra xa quedou tocada o ano pasado e puido realizarse grazas á Universidade de Vigo (Campus de Ourense) e ao Teatro Principal, pero un cambio na polÃtica da Universidade, onde naceu a Mostra, fai que non poidamos levala adiante".
A organización lembra a importancia do proxecto, polo que pasaron 247 espectáculos en 18 anos. "En cada edición esgotábanse as localidades en máis da metade das funcións e pasaron pola mostra case 2.000 participantes, acadándose sobradamente as/os 60.000 espectadoras/es". Dacosta lembra que "non ter MOTI aféctanos, pois é parte do noso soño teatral e de cidade e tamén é parte do noso traballo, pero aféctanos máis polos miles de nenas e nenos que nos acompañaron durante tantos anos (máis de unha xeración) e tantos espectáculos".
Desde a MOTI "hai tristura e rebeldÃa por mentiras que se verqueron desde o actual goberno municipal ao que cómpre felicitar polo labor de demolición cultural que segue a levar a cabo", e non descartan "se hai algún cambio favorable" retornar coa Mostra.
A Universidade de Vigo sinalou que está a realizar unha "reorientación da actividade cultural que se realiza en e desde o campus de Ourense" coa intención de lle dar "un enfoque máis vinculado a dar servizo á comunidade universitaria (como por exemplo a innovación docente) e ampliando o radio de acción das nosas actividades culturais fóra da cidade de Ourense, para achegalas tamén ás vilas".